Actividades Extraescolares

X aniversario do afundimento do Prestige en Galicia

O IES Monte Castelo lembra no seu décimo aniversario a traxedia do afundimento do barco Prestige preto das costas galegas. A marea negra do petróleo converteuse nunha marea branca de voluntarios procedentes de todo o mundo. Alumnos deste centro tamén colaboraron nas labores de limpeza no mes de xaneiro de 2003 nunha cala situada en Lourido Muxía. A súa experiencia foi recollida na revista Aquanet que podes ver aquí

 

                                                                        

Festival Audiovisual da Mariña 2012

Segunda edición do Festival Audiovisual da Mariña, "Imaxiña 2012"

Organizado pola Fundación Imdecum e patrocinado pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, sendo dirixido por A Caixa Escura coa colaboración de Xulio Villarino.

O acto de presentación  de Imaxiña 2012 terá lugar o venres 9 de novembro ás 10 da mañá no IES Monte Castelo de Burela e contará coa presenza de:

-D. Xulio Villarino, fotógrafo

-D. Marcelino Luna Almarza

-D. Sabela Blanco Rodríguez, da produtora de A Caixa Escura

-D. José Antonio Rico Pernas, da produtora de A Caixa Escura

-D.Andrea González Rio, da produtora de A Caixa Escura

 

Ademáis o venres 7 e o luns 12 realizaranse talleres de creación audiovisual.

 

Animate a presentar fotografías e vídeos para participar , a temática do concurso é A Mariña.Podes consultar as bases no arquivo adxunto.

IRMANDAMENTO CON CENTROS EDUCATIVOS DE AMIENS (FRANCIA)

O IES Monte Castelo participa no Programa de Irmandamento con centros educativos de Amiens (Francia) promovido pola Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria para fomentar as relacións internacionais e a potenciación de linguas estranxeiras na nosa comunidade.

Este proxecto está coordinado pola profesora Irene Paredes Pérez que asisitiu a unha video-conferencia en lingua francesa coa Academia d'Amiens o luns 24 de setembro de 2012.

 

 

Viaxe a Valencia 2012

Alumnos/as de 4º ESO realizaron unha viaxe de fin de curso a Valencia acompañados polas profesoras Herminia Pernas e Carmen Cociña.

 
   

Cea 2º BAC

Os alumnos de 2º BAC fixeron unha cea de fin de curso na que estiveron acompañados de varios profesores do centro antes de presentarse á selectividade.

   

Proxecto LI&LA- Unindo Cabo Verde e a súa diáspora

O IES Monte Castelo colabora no proxecto LI&LA coa comunidade caboverdiana de Burela. O obxectivo xeral deste proxecto é promover lazos de comunicación e información directa entre as comunidades históricas da diáspora caboverdiana en España e as súas máis importantes zonas de orixe, contribuíndo á súa dinamización.

Ver fotografías pulsando aquí

Charla de Médicos sen Fronteiras

O venres 27 de abril os alumnos de 4º ESO e 1º BAC asistiron a unha conferencia didáctica impartida por Susana Balo da ONG "Médicos sen fronteiras" para relatar as súas experiencias na República Centroafricana e Colombia.

Xornadas do Deporte 2012

As Xornadas do Deporte organizadas pola Academia Indecum levaranse a cabo no IES Monte Castelo durante catro xoves desde o 26 de abril.

 

O xoves 26 de abril presentaronse as xornadas polo vicedirector do centro Alfonso Iglesias Geada e o presidente do Comité Técnico galego de árbitros de fútbol José Antonio Pérez Muiño.

O papel arbritral, a análise no estreno das Xornadas do Deporte en Burela. Noticia na Voz de Galicia

Xoves 3 de maio: Haydee Agras, xogadora do Burela FS impartiu unha conferencia sobre "Scouting en EL Pozo Murcia FS. Exemplo de análise estadística e edición de video"

   

Ver noticia en Crónica3 aquí

Xoves 10 de maio: Hilda Rodríguez, ex-deportista paralímpica, impartiu unha conferencia sobre "O deporte adaptado"

 

Ver noticia en Crónica 3 aquí

Xoves 24 de maio: Juana Blanco, licenciada en psicoloxía, impartiu unha conferencia sobre "Psicoloxía no deporte"

 

Viaxe ó Museo da Enerxía en Ponferrada

Alumnos de 2º e 3º ESO visitaron en Ponferrada o Museo Nacional da Enerxía

Páxina web do museo: http://www.enemuseo.org/index.php/es/

Tamén visitaron a planta de captura de CO2 de Cubillos de Sil en Ponferrada

 

 

   

IV Carreira Gotas para Níger

O venres 30 de marzo, nas tres derradeiras horas lectivas ( 11:30 á 14:00 horas ) alumn@s e profesor@s do centro participarán na IV Carreira solidaria "Gotas para Níger" que organiza o Concello de Burela en colaboración coas ONG ENRÉDATE.COM e UNICEF.
Por tratarse dunha actividade solidaria para conmemorar o Día Internacional de Auga que foi o 22 de marzo, agardamos unha masiva participación de alumn@s e profesor@s e compre seguir ben as indicacións organizativas.

 

Millóns de persoas non teñen acceso á auga potable. Segundo a Cruz Vermella a desnutrición que provoca o non poder beber auga e o seu consumo cando non é potable é a segunda causa  de mortalidade infantil no mundo.

Un dato curioso!!: Unha persoa que vive no 3º mundo consume en todo un día a mesma cantidade de auga que calquera occidental cada vez que tira da cadena.

                        

Visita a páxina web aquí

 

Preparándose para saír:

   
Distribuir contido