Actividades Extraescolares
Visita de Tomas Lasek, profesor de Educación Física no Pripotočni Praha 10, co programa #ErasmusPlus
Enviado por loli o Mér, 11/05/2022 - 08:08Estos días temos o pracer de contar coa visita de Tomas Lasek, profesor de Educación Física no Pripotočni Praha 10, co programa #ErasmusPlus na modalidade de #jobshadowing, unha gran experiencia máis que sumar á nosa traxectoria de 20 anos de intercambios.
Participou nas reunións de coordinación de proxectos internacionais, así como nas do Equipo Directivo. Tamén mantivo encontros con outros docentes e con varios membros do Departamento de Educación Física.
Van aquí unha serie de fotografías da súa visita.
|
|
CHARLA-CONCERTO DE UGIA PEDREIRA
Enviado por loli o Mér, 11/05/2022 - 07:10Tivemos o inmenso pracer de contar coa visita da compositora e cantora Ugia Pedreira co alumnado de 1º de Bacharelato.
Vai unha mostra fotográfica do evento.
ACTIVIDADE "LAND ART"
Enviado por loli o Lun, 09/05/2022 - 12:12
LAND ART é a actividade que, promovida polo Departamento de Artes, desenvolveu esta mañá o alumnado de 3°ESO na praia, acompañados dos profesores Sonia Prado e Mario Cuevas.
Os deseños serán expostos no CENIMA de Foz dentro das exposicións adicadas a Quique Guerra.
CHARLA NAVEGA CON RUMBO
Enviado por loli o Ven, 06/05/2022 - 07:47
Visita ao Perdouro
Enviado por loli o Ven, 06/05/2022 - 07:08ENLACE "Regueifando! Correlingua 2022"
Enviado por loli o Ven, 29/04/2022 - 08:43ENLACE "O noso audiovisual 21 días co galego"
Enviado por loli o Ven, 29/04/2022 - 08:40VIAXE A MADRID E RECEPCIÓN NA EMBAIXADA CHECA
Enviado por loli o Xov, 28/04/2022 - 13:19Ester Riveira, Sergio Romero e Lucía Murados, acompañados da Directora, Carmen Castelao Cora , e da Secretaria, Eugenia Orizales, asistiron a un encontro organizado pola Embaixada da República Checa para favorecer o intercambio de experiencias Erasmus+.
Aproveitaron a viaxe a Madrid para ver a Porta do Sol, Porta de Alcalá, Cibeles, Concello de Madrid, Palacio Real, Catedral da Almudena, Xardíns de Sabatini, o Barrio das Letras e o coñecido como "Callejón del Gato",etc. Unha experiencia enriquecedora e inolvidable.
Ester, Lucía e Sergio van participar nunha mobilidade dun mes que realizarán en Praga o vindeiro setembro.
VÍDEO POLO DÍA DO LIBRO
Enviado por loli o Lun, 25/04/2022 - 14:58PROYECTO "STEAM": SECONDARY EDUCATION MOBILITY TECHNOLOGY ART 2021-1-ES01-KA122-SCH-000015836
Enviado por loli o Lun, 25/04/2022 - 12:48DÍA 1- CHEGADA AO AEROPORTO DE PRAHA: Os estudantes son recollidos polas familias para dar comezo a esta tan enriquecedora experiencia que os espera.
DÍA 2- VISITA AO CASTELO E A CATEDRAL CON IRENA COMO GUÍA.
DÍA 3- VISITA A VYSEHRAD CON SANTI COMO GUÍA.
DÍA 4-VISITA AO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE THERESIENSTADT EN TEREZIN CON ZUZANNA DE GUÍA
DÍA 5-VISITA SINAGOGA Y CEMENTERIO JUDIO
DÍA 6-VISITA AO MUSEO DA TÉCNICA CON IRENA COMO GUÍA E Á EXPOSICIÓN "Kinetismus" NO MUSEO KUNSTHALLECON SANTI DE GUÍA
DÍA 7-VISITA Á FÁBRICA MOSER EN KARLOVY VARY
DÍA 8-VOLTA A CASA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »