Actividades Extraescolares

Conferencia sobre Consumo enerxético

O martes 9 de abril impartiuse unha conferencia sobre Consumo enérxetico ó alumnado de 1º do Ciclo superior de Saúde Ambiental. Esta actividade foi organizada polo departamento de Sanidade e impartida por Mª Begoña Romo Conde que é monitora de Educación Ambiental do Concello de Burela e coordinadora da Aula de Educción medioambiental de Gaia do Concello.

   

Taller de sexualidade

Obradoiros afectivo-sexuais, impartidos por unha equipa interdisciplinar coordinados, por Minda Lusquiños, Traballadora Social de Saúde e Experta en Sexoloxía do Centro de Saúde de Burela. Dende a perspectiva da Sexoloxía Substantiva.

Levaranse a cabo do 2 ó 12 de abril en diferentes sesións.

TEMAS :

1º ESO-          1ª ses.-Sexuación: etapas vitais: pubertade/adolescencia.

2ª ses.-Sensacións.

Sexualidade: homosexualidade.

 

2º ESO-          1ª ses.- Feminidade/Masculinidade: roles, estereotipos, prevención da violencia.

2ª ses.- Erótica, prácticas responsables: prevención de “lios xenitais” (enfermidades, embarazos non desexados).

 

3º ESO-          1ª ses.- Conceptos básicos : sexo/sexualidade/erótica.

2ª ses.- Erótica: prácticas responsables: prevención da violencia, prevención de “lios xenitais” (enfermidades, embarazos non desexados).

 

4º ESO –        1ª ses.-Sexo: sexuación

Sexualidade: Vivencia

2ª ses.-Erótica: Desexo (afectos) e Fantasías.

            Prácticas responsables: prevención de “lios xenitais”. 

 

 

   

Visita a Pescados Rubén

Os alumnos do ciclo de saúde ambiental visitaron o venres 15 de marzo as instalacións de Pescados Rubén S.L. para ver a zona de frío, túnel de conxelación, sala de elaborado, almacéns.... Todo o proceso productivo de conxelación de peixe que se realiza con estrictos controis de calidade con medios automatizados e informatizados.

Conferencias luns 18 de marzo 2013

Conferencias luns 18 de marzo de 2013

 

USO RESPONSABLE DE INTERNET ( “ Campaña Roadshow Movistar Galicia “ )
Charla conferencia impartida por Blanca Cenalmar Pérez-Lago dirixida ó alumnado de 1º ESO sobre o uso responsable de Internet, claves de seguridade para evitar perigos en redes sociais, etc …


 

 

" BULLYING : NON CALES " ( Charla-conferencia )
Conferencia e taller formativo sobre esta temática tan de actualidade nas aulas de ESO, impartida pol@s alumn@s de 2º nivel do ciclo de Saúde Ambiental do centro e dirixida ó alumnado de 2º ESO.

Asistencia ó Encontro de Coordinadores de Aula Mentor

O IES Monte Castelo asistirá o Encontro de administradores, coordinadores e xestores de Aula Mentor en Toledo do 7 ó 9 de marzo de 2013.

O programa está no arquivo adxunto.

 

 
 

 

Objetivos, programa, asistentes, ponencias,lugar del encuentro: pulsa aquí

Presentación da Revista Galega de Educación

Presentación la Revista Galega de Educación no IES Monte Castelo o xoves 14 de febreiro de 2013 ás 20 horas organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade coa colaboración de Nova Escola Galega e o IES Monte Castelo.

A Revista Galega de Educación da Nova Escola Galega ven de editar un número monográfico titulado " Construindo os afectos dende a escola " que pretende fomentar os valores de igualdade entre os estudantes. O IES Monte Castelo é o lugar escollido pola publicación para a presentación deste monográfico na Mariña Luguesa, no que participan representantes da NEG, da propia revista e do centro educativo.

Obxectivos:

-Participar nas actividades organizadas e/ou nas que particiapa o centro, de xeito voluntario e autónomo, e colaborando de forma activa no seu desenvolvmento.
- Fomentar entre os estudiant@s do centro valores en prol da igualdade de oportunidades e da non discriminación de homes e mulleres en todos os aspectos
- Valorar a igualdade dos homes e mulleres como fonte de enriquecemento persoal a través da recompilación de información e o emprego dos coñecementos acadados

Participantes:

CARME DÍAZ SIMÓN, representante de Nova Escola Galega
CARME ADÁN directora do monográfico
ÁFRICA LÓPEZ, colaboradora do monográfico
INÉS GARCÍA SEIJO, secretaria do IES Monte Castelo e representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade.

 

Campaña Doazón de Sangue 2013

O Centro de Transfusión de Galicia organiza en colaboración coa Dirección do centro e co Departamento de Actividades extraescolares:

Martes 19 de Febreiro-Charlas informativas polas aulas á cargo de técnicos do Centro de Transfusión a@s alumn@s posibles donantes. Dirixidas a alumn@s de Ciclos formativos e de Réxime de Adultos e Bac maiores de 18 anos.

Mércores 20 de Febreiro- De 10:30-14.00/16:30-21:00- Participación voluntaria na campaña de doazón de sangue na unidade móbil instalada no aparcadoiro do Instituto. Para facilitar a entrada da unidade móbil ó centro o día 20/2, vai estar pechada ó tráfico á parte de arriba do aparcadoiro do centro.

 

Os obxectivos son:

-Participar nas campañas de doazón de sangue como un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde, e mesmo, salva-la vida.
- Sensibilizar á comunidade educativa do centro da importancia de participar de forma altruísta e voluntaria en inciativas que melloren a saúde e calidade de vida dos cidadáns.

 

 

 

 

 

Ver Recorte de prensa aquí

Actividades fin do 1º trimestre

No fin do primeiro trimestre e antes das vacacións de Nadal os alumnos participaron en diferentes partidos de fútbol sala e baloncesto no pabellón.

 

Luz Darriba

A artista multidisciplinar e escritora uruguaia LUZ DARRIBA presentou este luns 3 de decembro ás 20:30 horas en Burela, na Librería Espazo Lector Nobel (Rúa Castelao), o seu recén estreado libro "Toda la gente errante". O libro foi presentado polo director do IES Monte Castelo Marcelino Luna Almarza.

http://www.luzdarriba.com

 

 

 

  

MAGOSTO 2012

O luns 19 de novembro o instituto Monte Castelo celebrou o "XI Magosto". Ademáis de comer as castañas os alumnos participaron nos distintos xogos populares (carreira de sacos, o brile,o pano, a petanca, a comba, a peonza, as cadeiras....) que programaron para eles os estudantes do Ciclo de Actividades Físicas e Deportivas.

Distribuir contido