Actividades Extraescolares

IV Xornadas Imdecum 2015

 

 

Luns 18 de maio de 2015- Na aula de usos múltiples ás 10 da mañá a campiona de Europa Surf 1997-1999 e Longboard 2010, Estitxu Estremo impartiu unha conferencia sobre "O surf na Mariña lucense"

Esta actividade está organizada pola Academia Imdecum.

Ver a noticia na web de Imdecum: http://imdecum.com/contido.php?id=106

 

 

 

Xoves 21 de maio de 2015- Na aula de usos múltiples ás 17:45 da tarde Alberto Méndez e Martín Fernández(Subcampións do Mundo de Fútbol Gaélico coa Selección Galega)impartiron un relatorio sobre "Fútbol Gaélico. Inicio dun deporte en Galicia" Os dous relatores son de Burela e exestudantes do IES Monte Castelo

Ver a noticia na prensa: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/05/22/burela-inicio-futbol-gaelico-dos-subcampeones-mundiales/0003_201505X22C109910.htm

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Taller de cociña Mediterraneamos

Taller de cociña Mediterraneamos                                                         

 

**Despois da boa acollida con 1º e 2º de ESO, o xoves 4 de maio realizouse novamente un taller de cociña mediterránea para alumnado de 3º de ESO.

 

 

** Venres 15 de maio de 10 a 14 horas na aula de usos múltiples levarase a cabo un taller de cociña mediterránea para alumado de 1º e 2º de ESO. Despois do taller participaron nunha clase de zumba.

Esta actividade está organizada pola Dirección do centro en colaboración co Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente.

O Ministerio leva a cabo un ano máis,a súa campaña de “mediterraneamos” en centros escolares. A edición 2015, de abril a novembro, dirixise a 40.000 escolares de 8 a 16 anos, co obxectivo de guiar a nenos e adolescentes hacia unha alimentación variada e equilibrada, hacia a nosa Dieta Mediterránea, así como involucralos en bos hábitos alimenticios e de vida.

   
 
   

 

 

 

Curso Federativo Nivel 1 de fútbol e 1 e 3 de fútbol sala

Curso Federativo Nivel 1 de fútbol e 1 e 3 de fútbol sala

12 de maio de 2015- O Director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, visitou aos alumnos que participan no curso de adestrador que se está a desenvolver en Burela. Son 30 os alumnos e 18 profesores para un curso no que se imparten os niveles 1 e 3 de fútbol sala e o nivel 1 de fútbol.

Mosquera charlou cos alumnos, que xa están na recta final deste curso lectivo.

Ver noticia na web da Federación Gallega de Fútbol: http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDup?codigo=16164&cod_primaria=5000383&cod_secundaria=5000383#.VVMQjfCKKXc

 

 

 

 

 

 

 

Carreira solidaria Gotas para Níger

Venres 27 de marzo de 2015- Alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO participaron na carreira solidaria Gotas para Níger.

A carreira solidaria “ Gotas par Níger “ é unha actividade de celebración e conmemoración do Día interancional da auga, organizada pola UNICEF e na que participa o Concello de Burela, e a través del este centro educativo, que ten como obxectivo, combatir a falta de ácceso á auga neste país africano, onde somentes o 42% da población pode dispoñer deste recurso.

UNICEF España organiza cada año carreiras solidarias nos concellos que secundan a iniciativa, entre eles o de Burela, co obxectivo de acadar fondos que permitan escolarizar a un millón de nen@s do devandito país, a través da participaciónn na carreira e da compra dun dorsal solidario ( €1.00 ) que permite a participación na mesma.
No curso pasado participamos preto de 200 alumn@s e profesor@s deste centro.

Esta actividade está organizada polo departamento de actividades extraescolares.

 

 

 

 

 

Campaña doazón de sangue 2015

 

 

Exposición pinturas góticas da Vila do Medio

Exposición pinturas góticas da Vila do Medio

Do luns 2 ao mércores 14 de febreiro no corredor da entrada do IES Monte Castelo estará a exposición de pinturas góticas da Vila do Medio. A exposición componse de 8 paneis explicativos que conteñen información e material gráfico sobre as pinturas.

Esta actividade está organizada polo departamento de actividades extraescolares en colaboración co Colectivo Cultural Buril e vai dirixida a toda a comunidade educativa do centro.

 

             

           

 

 

 

 

 

Charla coloquio de Jafari Behroz

Charla coloquio de Jafari Behroz

Luns 19 de xaneiro ás 18:30 horas- O xogador iraní de fútbol–sala JAFARI BEHROZ impartiu unha conferencia e posterior coloquio sobre Fútbol-sala internacional dirixida ó alumnado do ciclo de AAFD do IES Monte Castelo e demáis personal interesado. Foi elexido mellor xogador do recente Mundial Universitario disertou sobre o deporte en Irán, o seu país de orixe, da súa experiencia no Dabiri Club e na selección Nacional Iraní.

Esta actividade está organizada pola Fundación IMDECUM e o departamento de actividades extraescolares do centro.

Podes ver a noticia no seguinte enlace: http://www.cronica3.com/2015/01/imdecum-achega-o-futbol-sala-internacional-a-marina-co-irani-jafari-behroz/

Na páxina web da Fundación Imdecum: http://imdecum.com/contido.php?id=96

                   

   

 

 

 

 

 

Comezo de curso 2014-2015

Comezo de curso 2014-2015

Fotos das actividades de comezo de curso

 Charla de Beatriz Yáñez (ex-alumna do centro) sobre "Orientacións académicas e mobilidade formativa no IES Monte Castelo"  Charla sobre "Actividade física saudable na adolescencia" por Juanma Marrube e Jorge Matamoros
   
 Conferencia didáctica "Tratamento da cuncha do mexilón para obter carbonato cálcico" a cargo do científico Manuel Antonio Rodríguez Castro  Taller práctico impartido por María Xosé Castro (técnica do programa medioambiental do Concello de Burela) sobre "Cálculo de emisión de CO2"
   
 Conferencia de José Luis Sáez de "Os perigos das redes sociais nos xóvenes"  Sesión didáctica do mago Jorge sobre "Iniciación á maxia e o ilusionismo máxico"
   
Presentación ESO a cargo do director do centro Marcelino Luna Presentación Bacharelato a cargo do director do centro Marcelino Luna
 

Lectura Conxunta do Quixote 2014

Lectura Conxunta e Multilingüe do Quixote 2014

O mércores 23 de abril para celebrar o día do libro 2014 alumnos de 1º e 2º de ESO e algún alumno de Bacharelato do centro participaron nunha lectura conxunta multilingüe do Quixote en San Cibrao (Cervo). Trátase dunha iniciativa do Concello de Cervo consitente na lectura simultánea de textos do Quixote en distintos idiomas (galego, castelán, inglés, francés, checo, alemán,italiano, japonés..). Participan escolares de distintos puntos da Mariña.

   
   
   
 

 

 

Carreira solidaria "Gotas para Níger" 2014

Preto de 300 alumnos do centro de 1º a 4º de ESO e de ciclos formativos participan na carreira solidaria "Gotas para Níger" que se celebra o venres 11 de abril de 2014. Esta actividade está coordinada polo Departamento de activades extraescolares en colaboración coa aula medioambiental Gaia do Concello de Burela. Tamén participan na carreira membros da Fundación Eu Son.

Toda a recadación destínase á construcción de pozos de auga en Níger.

   

Agradecemento pola participación na carreira:

 

 

 

Distribuir contido