ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Carpintería
Un lugar no que funciona moi ben a FP básica
Podedes ver AQUÍ esta nova en "La Voz de Galicia", na que somos citados coma un centro no que funciona moi ben a FP básica.
Neste curso 22-23 "La Voz de Galicia" publica outro artigo sobre a FP, do que sacamos este texto
"La FP básica dura dos años (2.000 horas formativas). El ciclo incluye, por supuesto, contenidos de tipo profesional, pero también se estudian Lenguas, Lengua Extranjera, Ciencias Sociales, Matemáticas y Ciencias aplicadas. Superar estos estudios supone conseguir un título profesional básico, pero con la nueva ley educativa también se obtiene directamente el título de graduado en ESO. Así, es posible dar el salto a un grado medio, o incluso reengancharse al bachillerato. «Aunque parece que supone salirse del camino marcado, permite volver a enganchar con un itinerario tradicional de estudios y llegar incluso a la universidad», señala Gallego. «Muchos alumnos, cuando los sacas de un aula donde no están recibiendo lo que necesitan y les das una formación que les interesa más, funcionan muy bien. Yo tengo un alumno que no era capaz de sacar la ESO y entró a FP básica. La sacó, hizo un grado medio, luego FP superior, y ahora está con un máster para intentar ser profesor. Por la vía convencional no hubiera terminado ni la secundaria», ejemplifica.
Las estadísticas le dan la razón. Según datos del Ministerio de Educación, casi el 60 % de los alumnos gallegos logran el título de FP básica, y dos de cada tres de los que lo consiguen siguen estudiando."
Creacións do alumnado de 2º de Ciclo Básico "Carpintaría e moble"
Estes taboleiros con figuriñas de xadrez son só unha pequena mostra do nivel que poden acadar as alumnas e alumnos ao rematar a formación profesional básica. E no IES de Ortigueira poderán seguir mellorando no caso de continuar coa formación profesional de grao medio, que tamén forma parte da nosa oferta educativa.
IES de Ortigueira, colaborando coa localidade
En el IES de Ortigueira también saben bien lo que es estar implicados activamente con su entorno.
El sector madera tiene un peso importante en la comarca de Ortegal, y ellos, con sus ciclos de Carpintaría e Moble contribuyen a dotarlo de trabajadores cualificados, ayudando a la continuidad de las empresas y, de paso, dando oportunidades de trabajo a los jóvenes de la zona. «Levámonos moi ben coas empresas, pídennos traballadores e poñémolos en contacto, pero tamén temos rapaces que emprenden: un hai pouco puxo un taller pola súa conta, e outra quedou co negocio no que fixo prácticas, porque o dono se retiraba», explica el profesor Alberto Gallego.
También ayudan a que el sector se mantenga al día. «Facemos xornadas de portas abertas con demostracións de maquinaria e convidamos ás empresas, tentamos achegar as novidades do sector aos negocios da zona». Desde el instituto se prestan a colaborar con todo tipo de instituciones públicas y asociaciones sin ánimo de lucro. «Co Concello colaboramos moito: fixémoslles dúas carrozas de Nadal, sinalización para as praias... Tamén facemos desinteresadamente pezas que nos pide a Asociación de Comerciantes, acabamos de preparar os letreiros dunha exposición dunha artista local, colaboramos moito con Aspromor, un centro de atención a persoas con discapacidade...», enumera Gallego, evidenciando que los centros de formación profesional son mucho más que lugares de estudio.
GALICIA SKILLS 2021
O 5 de outubro, Andrés e Jacobo representan ao IES de Ortigueira no Campionato galego de Carpintaría. Nas imaxes vémolos aos dous competindo, no CIFP Ferrolterra. Moita sorte, aínda que o importante é estar aí.
Árbore realizada polo alumnado de 2º de FP básica
Construccións en madeira para a Cabalgata de Reis
Un ano máis, o profesorado e alumnado do Departamento de Madeira e Moble do centro colaboraron co Concello de Ortigueira, na tradicional visita dos Reis Magos, coa nova construcción da estación de BATMAN e JOKER, que se uniu á realizada o ano pasado de STAR WARS. Ao mesmo tempo, alumnado de 4º de ESO e doutros cursos fixeron de actores locais para colaborar coas súas maxestades chegadas de Oriente na organización da actividade.
Premendo nesta LIGAZÓN podedes ver máis imaxes do traballo realizado en madeira, para o que se empregou a tecnoloxía da que dispón o departamento.
Agradecemento a Santalla e Beceiro
O Departamento de Madeira de Moble do IES de Ortigueira organizou o pasado venres 13 de decembro un acto de agradecemento aos profesores Juan Santalla e Luis Beceiro, que cambiaron de destino, polos 15 anos de adicación plena ao desenvolvemento e consolidación dos ciclos de grao medio e básico no instituto.
A dirección do centro quixo sumarse a este acto para recoñecer públicamente unha vez máis a súa decisiva contribución para que o instituto poida contar cun bo equipamento, e para que Ortigueira sexa unha parte importante no mapa galego da FP, o que sen dúbida está a contribuir na apertura de novas posibilidades empresariais e laborais neste concello.
Na imaxe podedes ver aos dous homenaxeados recibindo unha renovación, a maior tamaño e adicada, dese famoso deseño en 3D do banco de Loiba, que no seu día saiu do departamento do que eles formaban parte. Nesta ocasión a imaxe é obra da alumna de FP Sinead Rius, afeccionada á fotografía.
A FP básica do centro amosando a Galicia, na TVG, o aserrado portátil
Preme AQUÍ. Minutos 5, 59 e 22, 37. Mozos con madeira
CURSO AFD 2019
Galicia Skills 2018 Parabéns a Fran e Gaby
O IES de Ortigueira participou un ano máis nos Campionatos galegos de FP, Galicia Skills 2018.
Neste caso os participantes que superaron as eliminatorias previas no centro foron Gabriela Cabral en Carpintaría e Fran Soengas en Ebanistaría. O alumnado preparou moi ben as probas, co seu titor Alberto Gallego, e obtivo un moi bo resultado. Tanto Gaby como Fran remataron a competición, de dous días de duración, en terceira posición, dun total de nove participantes en cada especialidade, no que foi o Skill máis numeroso e polo tanto compricado dos 26 que competían en Silleda. Nas primeira das imaxes podedes ver a Fran co traballo rematado, a Gabriela atendendo a visita da Conselleira de Educación, e ao titor Alberto cos dos alumnos que preparou. Na segunda imaxe o alumnado competidor co seu titor, co director do centro que asistiu á festa de entrega de premios, e cos profesores Beceiro e Santalla que este ano tiveron que facer de asesores para que a competición se poidera desenvolver cos mellores materiais e bancos de traballo, deseñados e facilitados á Consellaría polo IES de Ortigueira, que con moito traballo está a convertirse en referencia galega nesta especialidade profesional, visibilizando unha vez máis a normalización no acceso das mulleres a unha profesión que ata non hai moito era considerada como masculina.
Preme AQUÍ para ver a nova en La Voz de Galicia