ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Carpintería
Imaxes das Xornadas de divulgación do aserrado móbil. Unha oportunidade para o rural
O mércores 21 de novembro, nas instalacións do IES de Ortigueira, o Departamento de Madeira desenvolveu unha xornada de divulgación do aserrado móbil, que pode dar lugar a unha importante oportunidade, ao poder facer o primeiro procesado de madeira xa directamente no monte. Isto supón un valor engadido para a nosa riqueza forestal.
No cartaz que anunciaba o acto podedes ver a relación de entidades patrocinadoras e colaboradoras. O alumnado dos ciclos do centro e as persoas invitadas poideron probar esta maquinaria de aserrado, e o centro estreou un equipo que permitirá que na súa formación o ciclo completo da madeira poida ser amosado. Isto terá repercusións nun futuro para que o monte galego poida ser mellor aproveitado, e para que as nosas mellores madeiras poidan ter aquel destino que lles da maior rendibilidade.
A xornada rematou coa construcción simbólica dunha marquesina para unha parada de autobús na que se empregou a mesma madeira recén aserrada.
O IES de Ortigueira na Feira do Moble da Estrada
Stand de gravatas de madeira na Feira do Moble de A Estrada 2018
III Xornadas de portas abertas Escola- Empresa do IES de Ortigueira
Preme AQUÍ para ver unha nova en prensa sobre a xornada
Innova FP 2018
O IES de Ortigueira vén de participar en FP INNOVA 2018. Os 3 proxectos presentados son: ORTIMASTER (Premio de Innovación) en colaboración co IES Ferrolterra, MADEIRA DE VESTIR (Gravatas de madeira) e FAINO TI MESMO (Soportes para móbiles). O stand do centro recibeu numerosas visitas que foron atendidas polo alumnado e profesorado do Ciclos Básico e Medio de Carpintaría e Moble do centro, que explicaban os proxectos. Con estas actuacións, desde o Departamento de Madeira e Moble do centro preténdense diversificar as vías de negocio no mundo da madeira e fomentar a creatividade e a motivación do alumnado, ampliando a visión de futuro desta familia profesional na sociedade. Os visitantes podían subir na embarcación para sacarse unha foto "navegando" polo Cabo Ortegal, cos aguillóns ao fondo. Preme AQUÍ para ver unha nova na prensa.
O Proxecto Optimaster
Preme AQUÍ para ver un video explicativo do que imos facer.
Curso AFD (Accións Formativas para persoas desempregadas) 17/18
O IES de Ortigueira iniciará en xaneiro unha nova acción formativa para persoas desempregadas, con boas expectativas laborais. Se estás no paro non o dubides. Preme AQUÍ para ver a nova completa na prensa
Premio de 20000 euros ao IES de Ortigueira
Preme AQUÍ para ver a nova en prensa sobre o Proxecto Ortimaster
II Xornada de Portas Abertas Escola-Empresa do Departamento de Madeira e Moble do IES de Ortigueira
O 6 de Xuño, no IES de Ortigueira, terá lugar a II Xornada de Portas Abertas Escola Empresa, organizadas polo Departamento de Madeira e Moble do centro. No arquivo adxunto que podedes descargar (baixo a imaxe á esquerda) tedes acceso a toda a información.Nesta xornada, ademais, poderedes ver a nosa pequena vivenda que pretende promocionar e amosar ao tecido empresarial este sistema constructivo e dar así novas saídas á nosa producción madeireira.
Participación do IES DE ORTIGUEIRA en Innova FP
Preme AQUÍ para ver a nova en prensa. No arquivo adxunto podedes obter máis información dos traballos presentados á mostra.
Novo recoñecemento a dous alumnos de Carpintaría do Centro
Os nosos alumnos, agora xa exalumnos, de Carpintería e Moble, Juan Pablo Bellón e Mateo Sánchez de Toca, coordinados polo profesor de Procesos e produtos en Madeira e Moble José Mª Diz, presentáronse ao "XVIII Concurso de Diseño de Muebles Ciudad de San Sebastián”. O seu deseño de mesa autoportante "FREESTANDING" logrou ser seleccionado para a Exposición en Tabakalera – Centro Internacional de Cultura Contemporánea de Donostia e para a próxima Feira do Moble de Valencia.