ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Carpintería
Enterro da sardiña 2016-2017.
Sardiña fabricada polo Departamento de madeira e Moble do IES de Ortigueira para colaborar co Entroido organizado polo Concello. A imaxe foi portada por profesorado e alumnado de 2º curso.
Spain Skills de Madeira, organizado polo profesorado do IES de Ortigueira
Preme AQUÍ para ver a nova. Abaixo os dous profesores do centro, satisfeitos polo bo traballo realizado.
Probas de mar das táboas de surf fabricadas polo Departamento de Madeira e Moble
Nestas LIGAZÓNS 1 e 2 podedes ver imaxes das probas de mar realizadas por Pablo Maciñeira, de Ortegal Surf Escola
Novo Curso AFD no IES de Ortigueira
Nesta LIGAZÓN podedes ler a nova en prensa que informa do Curso AFD (Accións Formativas para persoas Desempregadas) que se desenvolverá neste centro a partires do 13 de febreiro. Consulta AQUí as características do curso.
Nova Mesa na Sala do Profesorado
O Alumnado e o Profesorado do CM "Carpintería e Moble" agasallaron nesta ocasión ao centro con esta marabillosa mesa de castiñeiro. Conste aquí unha vez máis o agradecemento de toda a comunidade educativa. O Instituto é de todos e facémolo entre todos. Esta idea debe ser transmitida a todas as persoas que forman parte do centro, e de xeito especial ás máis pequenas.
Un alumno do IES de Ortigueira competiu en Galicia Skills 2016
Preme AQUÍ para ver a nova na prensa.
I Xornada de "Empresa-Escola" no IES de Ortigueira
O venres 22, pola mañá, coincidindo coas Xornadas Técnicas para o profesorado de FP de Madeira e Moble, celebráronse no IES de Ortigueira as primeiras Xornadas para poñer en contacto ás empresas do sector da Madeira co centro de formación dos futuros carpinteiros ou empresarios.Houbo demostracións e exposicións de maquinaria, ferramenta, artesanía e Traballos en madeira. Empresarios de Ferrolterra e Ortegal, alumnado e profesorado do centro intercambiaron experiencias. Tamén os máis pequenos, e mesmo o alumnado do CEIP José Mª Lage, poideron observar as exposicións. Preme AQUÍ para ver as primeiras imaxes. Iranse poñendo máis.
Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira 2016
Benvida ao IES de Ortigueira. Pódese descargar AQUÍ
O IES de Ortigueira, protagonista das XXII Xornadas Técnicas do Profesorado de Carpintería e Moble, ás que asistirá profesorado de todo o estado español. Preme AQUÍ para ver a nova na prensa galega.
XXII Xornadas Técnicas do Profesorado de Madeira Moble e Cortiza
Os Departamentos de Madeira e Moble do IES de Ortigueira e o CIFP Ferrolterra, temos o pracer de convidarvos ás XXII Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira e Moble que se celebrarán os días 21, 22 e 23 de abril.
Vai adxunto o programa de actividades que organizamos coa idea de que sexan de voso agrado así como os atallos á Inscripción, Profemadera,...
Tamén achegamos o atallo ó Blog das Xornadas no que atoparedes información de interese, instruccións para anotarse na actividade de formación (CEFORE ) e as novas que vaian aparecendo de aquí á celebración do evento. BLOG:http://jornadasmadera.blogspot.com.es/
Esperando a vosa asistencia, recibide un cordial saúdo e boas virutas.
Innova FP 2016
A cúpula na que traballou o IES de Ortigueira estará estes días na Cidade da Cultura, para formar parte de Innova FP 2016
PREME NA IMAXE INFERIOR PARA VER UNHA NOVA NA TVG SOBRE INNOVA FP