Actualización normativa sobre o uso de teléfonos móbiles e novo protocolo de actuación contra o acoso e o ciberacoso

Nas primeiras semanas de xaneiro do 2024 a Consellaría de Educación actualizou a normativa sobre o uso de teléfonos móbiles nos centros educativos e o protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar. Así mesmo, publicouse a orde que regula a avaliación de diagnóstico en 2º ESO.

PUBLICACIÓN REGULACIÓN DO USO DOS MÓBILES | CEIP de Galán

O primeiro dos documentos recomenda a prohibición do uso de teléfonos móbiles por parte do alumnado durante toda a xornada escolar. Enténdese por xornada escolar os períodos lectivos (as clases) e os períodos non lectivos, é dicir, as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares. En suma, para o noso centro esta actualización normativa supón escasa novidade, posto que o artigo 127 das Normas de Organización e Funcionamento do centro xa determinaba que "durante a xornada escolar, o alumnado deberá manter inactivos e debidamente gardados os teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo en toda o recinto e dependencias do centro".

O segundo dos documentos supón a modificación do protocolo de actuación contra o acoso e o ciberacoso vixente desde o ano 2018. Entre outras novidades, recolle a creación nos centros educativos dun equipo ACAE, é dicir, de actuación contra o acoso escolar.

Ese equipo estará composto por un mínimo de tres profesoras/es do centro: a persoa que ostente a Xefatura do Departamento de Orientación, o/a Coordinador/a de Bienestar e outro/a profesor/a a designar pola Dirección do centro para o estudo de cada caso concreto de presunto acoso. Será o equipo ACAE, en coordinación coa Dirección do centro, quen decida se existen suficientes indicios de acoso como para abrir un protocolo.

Así mesmo, determínase a creación dun "Punto Laranxa" onde calquera membro da comunidade educativa poderá sinalar presuntos casos de acoso. Os Puntos Laranxa deberán ser tanto físicos como virtuais.

En canto ás avaliacións de diagnóstico, a LOMLOE estabelece que se realizarán en 4º de Primaria e 2º da ESO. Participará nelas todo o alumnado do nivel. A proba, que carece de efectos académicos e só ten valor informativo, non ten aínda unha data fixada. 

No desenvolvemento da proba “os centros educativos contarán co apoio dunha plataforma informática”. Unha vez corrixida, os centros recibirán un informe, que deberá ser valorado pola CCP. Esa valoración trasladarase “aos diferentes órganos de coordinación didáctica do centro e ao Consello Escolar do centro, coa finalidade de que se leve a cabo a súa análise e se propoñan medidas de mellora”.

Nos anexos están dispoñibles os catro documentos citados (artigo 127 das NOF, orde sobre o uso de teléfonos móbiles, protocolo de actuación contra o acoso e orde que regula as avaliacións de diagnóstico).

Postal gañadora do concurso de felicitacións de Nadal

O xoves 21 de decembro, ás 13 horas, faranse públicas en Abalar as cualificacións do alumnado da 1ª Avaliación. Ese mesmo día entregaranse os boletíns de cualficación en papel. O resgardo deberá entregarse debidamente cumprimentado ao/á profesor/a titor/a á volta das vacacións de Nadal.

Como todos os anos por estas datas, a Equipa de Dinamización da Lingua Galega promoveu un concurso de postais de Nadal. Coa postal gañadora deste ano, realizada pola alumna Olivia Avendaño López, aproveitamos para desexar unhas boas festas e feliz Aninovo a toda a comunidade educativa do IES Otero Pedrayo.

 

BOLSAS USA 2024-25

Publicado o PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024-25 no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, que ten por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións

- Estar en posesión do documento nacional de indentidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE).

- Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no momento da solicitude, no Concello da Coruña.

- Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro do Concello da Coruña, no presente curso 2023-24.

- Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.

- Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).

prazo de solicitude das bolsas permanecerá aberto desde o día 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos.

Máis información (enlace)

INICIO do curso 2023-2024

luns 11 de setembro comeza a actividade lectiva do curso escolar 2023/24. O horario será o habitual, de 8:45 a 14:15h. Funcionarán tamén con normalidade os servizos de TRANSPORTE e COMEDOR

Máis información sobre o inicio de curso, premendo nas ligazóns:

- COMUNICACIÓN 1 curso 2023-24

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24 cos días lectivos, períodos non lectivos e datas de entrega e comunicación dos sucesivos informes de avaliación.

EXAMES TRIMESTRAIS DE PENDENTES. Datas reservadas polas tardes para facer exames presenciais no caso do alumnado que ten materias pendentes de cursos anteriores.

- COMUNICACIÓN 2 curso 2023-24.

- MANUAL AbalarMóbil para as familias.

- INFORMACIÓN para as familias E-DIXGAL.

- DÍPTICO SERVIZO INTEGRAL DE REPARACIÓN con cobertura total contra roturas accidentais.

- Información COBERTURA e CONTRATACIÓN SIR (Servizo Integral de Reparación).

- Enlace á páxina web na que se contrata o seguro COBERTURA SIR.

NORMAS DE USO ordenadores E-DIXGAL

BOLSAS Comedor - curso 2023-2024

Bolsas comedorPublicación listaxe definitiva de concesión de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Con esta publicación ábrese o prazo de interposición do recurso potestativo de reposición que será dun mes, do 10 de outubro ao 9 de novembro, ambos incluídos

Máis información: (enlace).

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 2023-2024

COMEDOR ESCOLAR

11 de setembro comeza o servizo de comedor. 

Xestionado pola ANPA a través de empresa de catering. 

 

(Máis información e contacto)

 

TRANSPORTE ESCOLAR

11 de setembro o horario do transporte é o habitual ao longo do curso.

Ruta PONTE PASAXE – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150220)

PONTE PASAXE à Avda. Pasaxe - Os Castros*  - Avda. de Oza 164* - Avda. de Oza 124* à  IES RAMÓN OTERO PEDRAYO.

(ver mapa ruta Ponte Pasaxe)

Ruta SANTA GEMA – IES RAMÓN OTERO PEDRAYO (ED 150221)

SANTA GEMA à  Alcampo - Fabrica de Armas – Avda. Montserrat/Eirís – Oncolóxico – Alto de Eirís* - Canteira de Eirís*  à IES RAMÓN OTERO PEDRAYO.

(ver mapa ruta Santa Gema) 

* Paradas a distancia inferior de dous kilómetros e superior a 1km: usuarios excepcionais sempre que haxa prazas vacantes e non precisen incorporación de acompañante. Serán solicitadas xunto coa matrícula. A utilización das mesmas decaerá se cambian as circunstancias que as xustifican ou se é preciso asignar as prazas a outro alumnado cun dereito preferenteNo caso de que o número de solicitantes excepcionais excedan o número de prazas vacantes nos vehículos, terán prioridade o alumnado con discapacidade ou menores en idade sobre os maiores en idade cando sexa preciso.

Durante os primeiros días de setembro, antes do comezo das clases publicarase no taboleiro de anuncios do centro aquel alumnado que solicitou ser usuario excepcional e non obtivo praza vacante no transporte escolar.

Para manter a condición de usuario/a con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2023-2024.

Para facer uso do transporte escolar do centro compre figurar na listaxe oficial de usuarios nunha ruta e parada concretas. De non figurar, non poderá facer uso do mesmo e deberá pedir a autorización á dirección do centro.

 Solicitude para uso do transporte escolar pdf 

Fondo solidario e axudas para a adquisición de material escolar 2023-2024 / Publicación da listaxe de alumnado en Seccións Bilingües de 1º ESO

Os próximos días publicaranse os seguintes anuncios sobre o fondo solidario de libros de texto e os vales de material:

  • Publicación, no taboleiro do centro, da relación provisional de solicitudes admitidas ou excluídas o 12 de xullo de 2023.*
  • Prazo de reclamación: 13 e 14 de xullo.*
  • Publicación, no taboleiro do centro, da relación definitiva de solicitudes admitidas ou excluídas o 21 de xullo de 2023.*
  • Entrega de vales das axudas para material aos solicitantes a partir do 1 de setembro.
  • Entrega de libros ao alumnado ao inicio do curso. 

Así mesmo, na mañá do 21 de xullo publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido e excluído das Seccións Bilingües (Ed. Física e Ed. Plástica) de 1º ESO. Ante calquera dúbida ou erro na listaxe poderán dirixirse ao Xefe de Estudos, Félix Longueira.

* Horario de atención ao público en xullo de 9:30 a 13:30h.

BOLSAS Comedor - curso 2023/24

Bolsas comedor 

Publicación, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, da listaxe de requerimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais de comedor para o curso 2023/2024. Prazo para a presentación da documentación requirida ata o 6 de xullo.

Enlace á listaxe no taboleiro de anuncios do Concello(enlace).

Libros de texto - curso 2023/2024

 

LIBROS DE TEXTO

No seguinte documento adxunto pode consultar a relación de libros de texto e outro material curricular para o curso 2023-2024 aprobada para cada un dos niveis educativos.

Os libros en préstamo serán entregados ao alumnado entre o 11 e o 22 de setembro de 2023.

Libros de texto 2023-2024

Premios VIII Concurso de debuxo Picasso

enlace á exposición

O alumnado de Educación Plástica de 1º e 3º traballou ao longo do segundo trimestre nun proxecto artístico baseado no xornal e na estética de Picasso, segundo as bases do VIII Concurso de Debuxo Picasso.

Tratábase de inventar unha portada de xornal con varias noticias acompañadas de ilustracións inspiradas na pintura de Picasso. Os proxectos foron dirixidos por Lola García Saavedra, profesora da materia.

Os mellores traballos foron presentados ao concurso. Resultaron premiadas con senllos accésit dúas alumnas de 1º ESO C, Lucía Rama e Lucía Torres, e outras dúas de 3º ESO B, Valeria Medina e Noelia Manzaneque.

Os traballos están expostos na Biblioteca González Garcés. Se non podedes ir á exposición, sempre podedes mirar o vídeo que se abre picando na imaxe.

 

Distribuir contido