Prazo de matrícula - curso 2023/2024

prazo de matrícula para o curso 2023/2024 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Atención preferente nas datas seguintes en horario de 8:30 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis:

1º ESO - 23,26 e 27 de xuño.

2º ESO - 5,6 e 7 de xullo.

3º ESO - 30 de xuño3 e 4 de xullo.

4º ESO - 28,29 e 30 de xuño.

De non formalizar a matrícula no período establecido, entenderemos que renuncia á praza.

O alumnado do centro recibirá o sobre de matrícula coas notas o 26 de xuño. Para os alumnos/as de nova incorporación a secretaría do centro facilitaranlle os impresos necesarios para formalizar a matrícula, solicitude de matrícula e ficha do alumno. Tamén se pode descargar o formulario para a solicitude de matrícula dende esta páxina web, no menú de Secretaría, Impresos e formularios . Unha vez cumprimentado deberá ser entregado na secretaría do centro xunto co resto da documentación. Pódense descargar tamén outros formularios para solicitudes varias, transporte, taquillas...

INSTRUCCIÓNS DE MATRÍCULA 

Entrega de notas avaliación final

entrega de notas da avaliación final terá lugar o luns 26 de de xuño nas respectivas aulas de cada grupo, no horario seguinte:

09.30 h – 1ºA, 2ºA, 3ºA, 4ºA

10.15 h – 1ºB, 2ºB, 3ºB, 4ºB

11.00 h – 1ºC, 2ºC, 3ºC, 4ºC

11.45 h – 1ºD, 2ºD, 2ºE, 3ºD 

Publicación de notas en abalar á 13:00h.

Farase entrega ademais dos consellos orientadores ao alumnado de 2º e 4º de ESO, así como a aqueles alumnos/as propostos para a Formación Profesional Básica e PDC (Programa de Diversificación Curricular). Entregarase igualmente certificación de estudos ao alumnado de 4º de ESO que titula. Ao resto do alumnado levará o sobre de matrícula cos impresos necesarios.

O prazo de reclamacións abranguerá os días 27 e 28 de xuño de 9:00 a 13:00h. O profesorado estará dispoñible para as posibles aclaracións sobre as cualificacións.

Devolución portátiles, routers, libros de texto, chaves e cadeados taquillas

LUNS 19 de xuño: último día para a recollida de portátiles e routers prestados polo centro ao alumnado. Entrega en administración.

Devolución de libros do fondo solidario, cadeados e chaves taquillas:

MARTES 20 de xuño: Alumnado de 1º e 2º de ESO 

MÉRCORES 21 de xuño: Alumnado de 3º e 4º de ESO

Recollerase todos os libros do fondo solidario do curso actual nas datas indicadas. O alumnado irá grupo a grupo facendo a devolución completa do seu lote. É imprescindible para poder optar ao fondo solidario do vindeiro curso 2023/2024No caso de libros en propiedade, se alguén quere donalos ao fondo, pode achegalos nas mesmas datas.

Ao mesmo tempo aqueles alumnos/as que fixeron uso das taquillas devolverán cadeado e chave da mesma, recibindo a devolución da fianza nos casos en que non haxa deterioros.

Próximo remate prazo Fondo solidario libros e axudas material escolar 2023/2024

Lembramos  que o prazo para a solicitude do fondo de libros e axudas de material escolar para o curso 2023-2024 remata o 21 de xuño de 2023.

CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e AXUDAS para MATERIAL para o curso 2023-24: Orde do 10 de maio de 2023

Solicitude do procedemento ED330B, dispoñible no portal educativo, na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas oficinas do centro.

Manual do cidadán - presentación telemática (enlace

Listaxe definitiva de admitidos - Curso 2023/2024

listaxe definitiva de admitidos, tras o proceso ordinario de admisión, encóntrase exposta no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio principal.

Así mesmo, poden realizar a consulta a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Incorporación do IES Otero Pedrayo ao Proxecto Edixgal

O IES Otero Pedrayo incorporarase ao Proxecto Edixgal no curso 2023/24. A incorporación será paulatina: o curso vindeiro participará unicamente o alumnado de 1º ESO. Nos cursos seguintes iranse incorporando os demais niveis do centro. No curso 2026/27 todos os niveis do centro estarán incorporados ao programa.

O programa Edixgal supón que a maior parte do material de traballo das materias (libros de texto, probas, recursos didácticos creados polo profesorado...) estará dispoñible en soporte dixital. Participarán do programa todos os departamentos didácticos do centro, agás Inglés, Francés, Física e Química e Lingua Castelá.

Para a consulta do material todo o alumnado participante ten dereito a un ordenador portátil na modalidade de cesión de uso, para uso persoal e educativo. Este portátil será proporcionado polo centro, unha vez asinado o compromiso para o uso axeitado do mesmo.

Pode consultar máis información acerca do Programa Edixgal na páxina corporativa da Consellaría de Educación.

Puntos destacados da Concreción Curricular: oferta educativa, criterios de promoción e titulación e matrículas de honra

Despois de ser debatida nos distintos órganos de goberno no centro, o claustro de profesorado aprobou o 25 de abril a versión definitiva da Concreción Curricular. Este documento, emanado do Decreto 156/2022, trata distintos aspectos do funcionamento do centro, como acordos de carácter xeral sobre a metodoloxía didáctica ou o deseño de actividades complementarias.

Polo seu interese para os responsables do alumnado, destacamos os puntos f), g) e k) da Concreción Curricular:

f) Os criterios de oferta educativa, itinerarios e optatividade. Neste punto detállanse as materias ás que se asignan as dúas horas de libre configuración en 1º e 2º ESO ou os itinerarios que agrupan as materias de 4º ESO.

g) Os criterios xerais para a avaliación, a promoción e a titulación. Neste punto detállanse os criterios xerais para a avaliación das distintas materias, os criterios para pasar de curso e lograr o título da ESO.

k) Os criterios xerais de outorgamento de matrículas de honra. Neste punto estabelécense os criterios para conceder matrículas de honra ao finalizar 4º ESO.

Pódese acceder ao documento completo picando no apartado "Documentos de centro". Tamén pode descargarse o documento completo no adxunto que acompaña a esta entrada.

BOLSAS e AXUDAS Ministerio de Educación e Formación Profesional - curso 2023/24

BOLSAS ESTUDOS POST-OBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

Poden solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación aquel alumnado do centro que teña pensado matricularse no curso 2023-2024 nalgún dos seguintes niveis:

Bolsas e axudas estudos     - Bacharelato.     

     - Formación Profesional de Grado Básico.

     - Formación Profesional de Grado Medio.

     - Outros estudos post-obrigatorios. 

Moi importante: Pedir a bolsa sempre dentro do prazo (do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023).   

Máis información:  (enlace web Bolsas Educación).

 

        AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO

Axudas dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais. 

A convocatoria destas axudas para o curso 2023-2024 publicouse o 26 de abril de 2023 (enlace BOE). Estas axudas pódense solicitar desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023

Máis información:  (enlace web Axudas Apoio Educativo).

Viaxe de estudos a Barcelona

Nas últimas semanas celebráronse no noso centro numerosas saídas de estudos. A máis relevante de todas foi a viaxe de estudos do alumnado de 4º ESO a Cataluña.

Entre os días 17 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO desprazouse a Cunit (Tarragona). Desde alí realizaron unha visita guiada á cidade de Barcelona, acudiron a museos como CosmoCaixa ou visitaron a Sagrada Familia ou o Camp Nou. Realizaron tamén un percorrido pola cidade de Tarragona e disfrutaron de actividades náuticas en Salou. Até mesmo tiveron tempo de pasear pola praia! A viaxe foi unha experiencia inolvidable para o alumnado que marcha do noso centro ao final do presente curso.  

Listaxe provisional de admitidos - Curso 2023/2024

listaxe provisional de admitidos, tras o proceso ordinario de admisión, encóntrase exposta no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio principal.

Así mesmo, poden realizar a consulta a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Distribuir contido