Convocatoria Bolsas Comedor Municipais, curso 2023/2024

O prazo de solicitude das bolsas de comedor para o Concello da Coruña abrirase o luns 13 de marzo. O prazo de solicitude estará aberto ata o 12 de abril, día incluído.

Toda a información da convocatoria pódese consultar na web municipal de servizos sociais ou na sede electrónica municipal. Así mesmo, tamén se pode consultar a información no teléfono 010 de información á cidadanía.

Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Non é necesario presentar un certificado de matrícula, posto que a comprobación de que a/o alumna/o se encontra matriculada/o nun centro educativo do Concello da Coruña, posto que a comprobación dese requisito será feita polo persoal do concello. 

INFORMACIÓN relativa a uso de MÓBILES e calendario AVALIACIÓNS

Lembrámoslles, a norma relativa ao evitar o uso dos MÓBILES no centro educativo: Art.127 NOF. Non se van a utilizar polo alumnado para ningunha tarefa educativa segundo aprobou Claustro e Consello Escolar nas reunións respectivas do 24 e 30 de xaneiro polo que é totalmente INNECESARIO VIR CON ELES.

(Enlace ao artigo 127 NOF)

Así mesmo, actualizamos o calendario de avaliacións do terceiro trimestre modificando as datas dos exames de pendentes de maio, que se atrasan á semana do 22 ao 26. 

Ademais fixemos coincidir as sesións da terceira avaliación parcial coas da avaliación ordinaria, segundo o establecido na Orde do 27 de decembro de 2022.

Por tanto, entregaranse as notas de ambas avaliacións o LUNS 26 DE XUÑO. Ese mesmo día tamén se publicarán en Abalar. Non se entregarán as notas da 3ª Avaliación a principios do mes, como sucedeu o curso 2021/22.

(Enlace ao calendario escolar)

Xornadas do Plan Director para responsables do alumnado

Entre o 30 de xaneiro e o 6 de febreiro o alumnado do centro asistirá, en horario de titoría, a unhas charlas impartidas pola Policía Nacional sobre ciberseguridade e uso adecuado de móbiles (1º ESO), acoso escolar (2º ESO), prevención do consumo de drogas e alcol (3º ESO) e prevención da violencia de xénero (4º ESO). Realizarase unha charla dunha sesión en cada un dos grupos.

Así mesmo, impartiranse dúas charlas para as persoas responsables do alumnado sobre ciberseguridade e uso adecuado de móbiles e prevención do consumo de drogas e alcol. A primeira será o mércores 1 de febreiro, sobre ciberseguridade e acoso escolar. A segunda será o mércores 8 de febreiro sobre prevención do consumo de drogas e alcol. Ambas charlas comezarán a partir das 18 horas no Salón de Actos do centro. As charlas son de entrada libre, aínda que, por cuestións de aforo, será necesario anotarse no formulario que figura embaixo.

Animámoslles a participaren. Poden anotarse en ambas actividades ou nunha soa delas. Para facelo, deben cubrir o formulario que se abre premendo neste na ligazón.

Nadal 2022

Na última semana do primeiro trimestre fixemos a entrega de premios do concurso de Postais de Nadal, en que participaron rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO. Moitos parabéns ás gañadoras: Antonietta (3ºD) e Iria (1ºD). Foi difícil escollermos gañadoras xa que había moitas ben bonitas, parabéns a todas!

Desde o EDLG desexámosvos a todos e todas moi Bo Nadal e próspero Aninovo! Gozade das vacacións.

Bolsas CANADÁ 2023-24, Concello da Coruña

Bolsas CANADÁ 2023-24Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá (equivalente a 1º de Bacharelato). Ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

Os requisitos que teñen que cumplir as persoas interesadas son os seguintes:

 - Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude.

 - Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso escolar 2022-23 nun centro da cidade da Coruña.

 - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22.

 - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22.

prazo de inscrición vai do 9 ao 20 de xaneiro de 2023. O programa oferta 35 prazas.

Máis información (enlace)

Campamentos urbanos de Nadal nos centros cívicos

Os centros cívicos do municipio da Coruña realizan campamentos urbanos durante as vacacións escolares de Nadal. Están dirixidos a nenas e nenos que naceron entre o 1/1/2010 al 31/12/2018. Para participar, deberá facerse a preinscrición entre o 1 e o 3 de decembro, ambos incluídos. A inscrición farase na web www.coruna.gal/serviciossociais ou no teléfono 613 37 19 73 (de 9.00 a 20.00 h). 

25 de novembro: Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller

O 25 de novembro conmemoramos no centro o Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller. Dez minutos antes do recreo, o alumnado do centro reuniuse no patio para ler o nome e idade das 79 persoas que faleceron este ano a causa da violencia de xénero. Ao finalizar a lectura, gardouse un minuto de silencio.

Con esta sinxela homenaxe desexábamos homenaxear as vítimas e manifestar o noso desexo de que dunha vez por todas desapareza a violencia contra as mulleres.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR novembro 2022

- Acordo de CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS ó Consello Escolar e SORTEO DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL (enlace pdf)

- CALENDARIO proceso electoral ELECCIÓNS ao CONSELLO ESCOLAR  (aprobado pola xunta electoral na reunión do 2 de novembro de 2022) (enlace pdf)

CIRCULAR INFORMATIVA 1 a nais/pais/titores legais e ao alumnado ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR  (enlace pdf)

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS do 7 ao 17 de novembro na Secretaría do IES segundo os modelos que se facilitan na mesma ou descargados nos seguintes enlaces:  

  (candidatura nai/pai/responsable)

  (candidatura alumnado)

- CIRCULAR INFORMATIVA 2 ao alumnado e nais/pais e titores legais ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR  (enlace pdf

VOTACIÓNS martes 29 de novembro: alumnado (de 9:00 a 14:00h) e nais/pais (de 16:00 a 18:30h)Contamos coa vosa participación que agradecemos anticipadamente.

Ampliación de axuda adquisición material escolar

Segundo a resolución do 5 de outubro de 2022, os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Neste caso, poden vir a recollelo ao centro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022

Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación. 

Distribuir contido