Co propósito de evitar aglomeracións de persoas no IES reservamos uns días para cada curso dentro dos prazos oficiais de cada procedemento.
Se alguén non pode presentarse ese día e hora concreto que se poña en contacto co IES para que se lle asigne outra data.
1. Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
O prazo remata o 19 de xuño. Pode tramitarse a través da sede electrónica.
Tamén poden entregarse no IES segundo o seguinte calendario. Indícase o curso no que está matriculado o alumnado durante o 2019-20
1º ESO: 27 – 28 – 29 de maio
2º ESO: 1 – 2 – 3 de xuño
3º ESO: 4 – 5 – 8 de xuño
6º E.P. : 9 – 10 – 11 - 12 de xuño
2. Devolución de libros do fondo solidario e dos prestados polos departamentos e biblioteca (libros, CDs, DVDs).
O prazo remata o 7 de xullo ou o 7 de setembro, para entregar os libros que necesite para presentarse nesa convocatoria.
Seguiremos o seguinte calendario.
25 de xuño 1º ESO: 1ºA (9 – 10 horas) 1ºB (10 – 11 horas)
25 de xuño 2º ESO: 2ºA (11 – 12 horas) 2ºB (12 – 13 horas)
26 de xuño 3º ESO: 3ºA (9 – 10 horas) 3ºB (10 – 11 horas)
26 de xuño 4º ESO: 11 – 12 horas
3. Formalización da matrícula para o curso 2020-21.
O prazo remata o 10 de xullo para o alumnado que ten todas as materias superadas en xuño
Indicamos as datas segundo o curso no que se vai matricular.
1º ESO: 1 de xullo
2º ESO: 2 de xullo
3º ESO: 3 de xullo
4º ESO: 6 de xullo
Poderán recollerse os cheques para material escolar no momento de efectuar a matrícula.
O alumnado que teña que presentarse á convocatoria extraordinaria de setembroterá que facelo do 1 ao 10 de setembro.
Indicaremos o procedemento segundo sexa a situación no mes de setembro.
Outes a 25 de maio de 2020
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Datas_entrega e recollida no IES 2019-20.pdf | 267.38 KB |