Normas de uso

PRÉSTAMO DO E-BOOK

Por se aínda non te enteraches, as novas tecnoloxías aplicadas ó mundo dos libros chegaron á nosa biblioteca en forma de LIBRO ELECTRÓNICO ou E-BOOK. Se che interesa probar a lectura neste novo soporte, bótalle unha ollada a este tríptico para coñecer as normas de préstamo. Dado que é un material "delicado" precisamos tamén o teu compromiso formal a coidalo traendo o documento que atoparás no FICHEIRO ADXUNTO  asinado polo teu pai, nai ou titor.

GUÍA PARA PROFES

Para que non teñades ningunha dúbida acerca das normas de uso da biblioteca, da súa organización e de como atopar un documento.

PRESENTACIÓN

 

BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO IES POETA AÑÓN

Inauguramos este curso un recuncho na páxina web do centro no que poderás:

  • ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE A ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA.
  • APRENDER A ATOPAR UN DOCUMENTO (LIBRO, DVD, COMIC, ETC...)
  • CONSULTAR EN LIÑA O CATÁLOGO DE FONDOS.
  • LER RECOMENDACIÓNS DE CINE OU DE LECTURA
  • ATOPAR AXUDA PARA FACER UN TRABALLO...
     ... E MOITAS COUSAS MÁIS.

A nosa biblioteca está en permanente construcción, co obxectivo de dar servizo a toda a comunidade escolar ofrecendo recursos para a información, a lectura e a aprendizaxe. Dende o curso 2006-2007, está integrada no PLAN DE MELLORA DE  BIBLIOTECAS ESCOLARES, unha rede colaborativa de bibliotecas de centros educativos de toda Galicia.

Con esta nova ferramenta achegamos os nosos recursos a todos vós de xeito que, con so dispoñer dunha conexión a Internet, teredes acceso virtual ós nosos servizos. As vosas aportacións e suxestións servirannos, ademais, para mellorar os contidos desta nova páxina web.

Powered by Drupal - Design by artinet