Publicacións

AMÉRICA: GUÍA DE MATERIAIS DA BIBLIOTECA

Como ben sabedes, neste ano académico a biblioteca proponvos levar a cabo un percorrido polo mundo adiante (visitando América, Asia e África) para achegarnos a outras culturas, literaturas e maneiras de ver o mundo.

Neste primeiro trimestre centrarémonos no continente americano. Para elo aquí tedes unha selección de PELÍCULAS e LIBROS  ambientados ou creados nesas terras.

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA, o poeta da Terra Cha

O Equipo de DInamización Lingüística invita a toda a comunidade escolar a indagar sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas participando nun concurso de preguntas sobre a vida e obra de MANUEL MARÍA.

GUÍA PROXECTO LECTOR (para profes)

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

Como ben sabedes, a partires de setembro deste ano 2010 tódolos centros educativos de Galicia deberán contar cun Proxecto Lector de Centro. Se andades perdidos e aínda non sabedes de que estamos a falar, recomendámosvos botar unha ollada a esta presentación realizada polo equipo de Bibliotecas Escolares de Galicia.

No noso centro levamos un par de curso en fase de proba, seguindo unhas directrices básicas que intentamos recoller, do xeito máis sinxelo posible, na guía que poñemos agora á vosa disposición. Non tedes máis que consultar o documento adxunto para ver "por onde van os tiros".

TRIPTICO PARA FAMILIAS

Algúns conselliños para quen, coma nós, pensa que a lectura debe ocupar un lugar fundamental na educación.

Powered by Drupal - Design by artinet