Secretaría

PUBLICACIÓN DE NOTAS. Curso 2019-20

O 23 de xuño publicaranse as notas de todo o alumnado de ESO e adultos de forma escalonada para evitar a saturación da aplicación por recomendación dos administradores do sistema. Recibirán as cualificacións por medio de Abalar móbil. É posible que haxa algún problema para que todos as reciban ao mesmo tempo.

Os días 25 e 26 poderán solicitar aclaracións sobre as cualificacións de forma presencial no IES.

PRAZOS DE ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL. Curso 2020/2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2020-2021. A oferta detallada de ciclos formativos publicarase no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 25 de xuño ás 9 h. e prolongarase ata o 8 de xullo ás 13 h. A matriculación da primeira adxudicación de prazas comezará o 21 de xullo ás 9 h., ata o 27 de xullo ás 13 h. A continuación, unha vez se comproben as prazas que quedaron vacantes, procederase á segunda adxudicación de prazas, cuxo período de matrícula irá do 29 de xullo ás 9 h. ao 31 de xullo ás 13 h.

O calendario detallado pode consultarse no Portal de FP, no enderezo http://www.edu.xunta.gal/fp/ .

RECOLLIDA DE ORDENADORES DO PROGRAMA EDIXGAL

O alumnado de 2º ESO que aproba todas materias E-Dixgal en xuño deberá entregar o equipo en perfectas condicións (limpo e co seu correspondente maletín e cargador) antes do 30 de xuño. Se ten que presentarse en setembro a algunha materia E-Dixgal entregará o equipo antes do 5 de setembro.

No momento da entrega as familias deben asinar o documento facilitado polo centro. Deberán asinar a devolución do equipo aínda que este permanecera no IES.

O alumnado que recibiu ordenadores en préstamo por parte do centro deberá entregalo en perfectas condicións (limpo e co seu correspondente maletín e cargador) antes do 30 de xuño.

Os estudantes de 1º de ESO continuarán no vindeiro curso 2020-21 en niveis do Proxecto E-Dixgal do Centro polo que poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material en perfectas condicións. Se non precisan o equipo poderán entregalo para que quede custodiado no centro.

IMPORTANTE: DATAS PARA A ENTREGA E RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN E MATERIAL NO IES

 Co propósito de evitar aglomeracións de persoas no IES reservamos uns días para cada curso dentro dos prazos oficiais de cada procedemento.

FONDO DE LIBROS - AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Curso 2020-21

O pasado día 19 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 12 de maio de  2020 da Consellería de Educación convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

REEMBOLSO DO PAGO DA ACTIVIDADE SUSPENDIDA EN ANDORRA

 

Estimados pais e nais,

En relación coa viaxe a Andorra, a Dirección do centro quere informar:

NOVOS PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Novos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) no ámbito educativo

No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordin

Lista definitiva do Fondo de Libros. Curso 2019-2020

Lista definitiva de libros adxudicados do Fondo de Libros ao alumnado de 3º e 4º de ESO. acceso

Powered by Drupal - Design by artinet