PUBLICACIÓN DE NOTAS. Curso 2019-20

O 23 de xuño publicaranse as notas de todo o alumnado de ESO e adultos de forma escalonada para evitar a saturación da aplicación por recomendación dos administradores do sistema. Recibirán as cualificacións por medio de Abalar móbil. É posible que haxa algún problema para que todos as reciban ao mesmo tempo.

Os días 25 e 26 poderán solicitar aclaracións sobre as cualificacións de forma presencial no IES.

En cumprimento das Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter excepcional, o alumnado de 4º de ESO que a xunta de avaliación considerou que tiña acadados os criterios para a obtención do título foi proposto para o mesmo na convocatoria de xuño aínda que non superara todas as materias. O resto do alumnado terá que presentarse na convocatoria de setembro nas datas que se indicarán no momento que se coñeza o calendario para o vindeiro curso 2020-21.

Nesta mesma páxina podedes consultar as datas para entrega de libros e ordenadores do alumnado que non teña que presentarse á convocatoria de setembro.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet