Actividades

Reunión inicial coas familias. Outubro de 2014

A presentación do curso 2014-15 para as familias do noso alumnado será os días indicados. No apartado "titorías", a esquerda desta páxina, tedes os titores de cada grupo e a hora de atención a pais.   

Documento informativo                    Departamento de Orientación

Mércores 8: Alumnado de 1º e 2º de ESO
    Haberá unha presentación por parte do equipo directivo, seguida pola reunión cos titores de cada grupo.
  
    19 horas  
Xoves 9: Alumnado de 3º e 4º de ESO
   

 

 

 

 

 

 

 

Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías

Dentro do Plan director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar para o curso escolar 2013-2014 organizamos unha charla dirixida ás familias do alumnado na que trataremos os "Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual "child grooming", ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles "sexting", venta de nenos prostitución infantil e utilización dos nenos na pornografía.

Axentes da Garda Civil explicarán os problemas más habituais relacionados con este tema e darán consellos para tratar de evitalos. Enlaces de interese facilitados nesta reunión

HORARIO:  Mércores 29 de xaneiro as 19 horas na sala de audiovisuais do IES.

Reunión coas familias do alumnado de 6ºP

Un ano máis estamos a realizar as xornadas informativas co alumnado de 6º de Educación Primaria dos colexios adscritos. O obxectivo é que coñezan o centro e as novidades coas que se atoparán co inicio dos estudos de ESO.

Os pasados 5 e 7 de xuño xa visitaron o centro e poideron ver as instalacións e unha presentación coas actividades máis frecuentes que se realizan no IES así como as materias que terán que cursar.

Completando esta actividade o vindeiro mércores 12 de xuño teremos unha reunión coas familias as 7 da tarde para despexar as posibles dúbidas que poidan existir sobre a próxima escolarización do alumnado.

DESEÑANDO ITINERARIOS DE FUTURO

Durante os días 23 e 24 de maio desenvolveranse no IES Poeta Añón unhas Xornadas informativas dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO, PCPI, e EPA. Están tamén abertas para as familias interesadas no futuro escolar dos seus fillos.  acceso ao programa

23 de maio as 19 horas. Opcións educativas e saídas profesionais.

24 de maio as 19 horas. Recursos para a mocidade de Outes.

Estas xornadas están incluídas dentro do programa de Actividades para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar que organiza o Concello de Outes.

PREVENCIÓN DO FRACASO ESCOLAR

O Concello de Outes organiza unhas Actividades para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar.

No seguinte folleto tedes a información sobre todas as actividades, os teléfonos e os lugares de contacto. folleto informativo

"CARTAS DE AMOR"

A exposición CARTAS DE AMOR visita o noso centro. Trátase dunha iniciativa da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, en colaboración con El Patito Editorial, na que 15 artistas ofrecen a súa visión sobre a violencia de xénero. 

Ilustradores de sona como MiGUEL CALATAYUD, PATRICIA CASTELAO,FAUSTO ISORNA, J. LUIS MÉNDEZ, JACK MIRCALA, JAVIER OLIVARES, DAVID PINTOR, PIRUSCA, PRIMITIVO, SONIA PULIDO, PACO ROCA, SERGI SAN JULIÁN, EVA VÁZQUEZ  e ÓSCAR VILLÁN, con textos da escritora galega Anxos Sumai.

O obxectivo é sensibilizar á poboación máis nova, facendo reflexionar ós adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus hábitos sociais para, deste xeito, axudar a detectala e a eliminala.

 

As láminas que podedes contemplar no patio central do IES van acompañadas dunha mostra bibliográfica de literatura infantil e xuvenil facilitada pola biblioteca da FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA de Santiago. 92 títulos que nos invitan a LER PARA VIVIR EN IGUALDADE.  No seguinte documento atoparedes algunhas desas suxestións de lectura, con un pequeno resumo do argumento.

Powered by Drupal - Design by artinet