ESCOLA DE FAMILIAS. Curso 2019-20

Poñemos en marcha a Escola de Familias para o curso 2019-20. Como en anos anteriores faremos unha reunión por trimestre nas que trataremos de mellorar o noso coñecemento sobre temáticas que nos preocupan a todos.

A primeira reunión terá lugar no IES Poeta Añón o vindeiro xoves 21 de novembro ás 18,30 horas.

O lema de traballo escollido polo centro para este curso é "Outes por un futuro sostible". Neste contexto, na sesión do primeiro trimestre trataremos o tema "Emerxencia climática: redución de uso de plásticos. Que podemos facer dende casa?".

A charla será impartida por Gonzalo Sánchez Busóns, impulsor e colaborador de diversos proxectos medioambientais.

Posto que é un tema que nos afecta a todos invitamos a participar ás familias do alumnado de 5º e 6º de EP do CEIP Serra de Outes.

Esta actividade está organizada en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación dentro do plan da Consellería de Educación para potenciar a formación de Escolas de Nais e Pais (ENAPA).

 

Powered by Drupal - Design by artinet