Un ano máis realizamos as xornadas de acollida para facilitar o acceso do alumnado de 6º de EP dos colexios adscritos ao IES.
Teremos unha reunión coas familias para explicar as características dos novos estudos e o funcionamento do centro e tamén recibiremos dentro do horario lectivo ao alumnado de 6º para que coñezan as instalacións e as actividades que realizamos durante o curso.
REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EP: LUNS 5 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE.
ALUMNADO DO CEIP EMILIO NAVASQÜES: MÉRCORES 7 DE XUÑO.
ALUMNADO DO CEIP DA SERRA DE OUTES: MÉRCORES 14 DE XUÑO.