REEMBOLSO DO PAGO DA ACTIVIDADE SUSPENDIDA EN ANDORRA

 

Estimados pais e nais,

En relación coa viaxe a Andorra, a Dirección do centro quere informar:

  • De que despois de negociar coa axencia de viaxes, procederemos á devolución do importe do segundo pago por un valor de 150 €.

  • Para a realización da mesma precisamos que entreguedes no centro, ou ben enviando ao correo electrónico ies.poeta.anon@edu.xunta.es, a solicitude de devolución cumprimentada que podedes descargar no documento que se xunta (ANEXO I).

  • No referente à fianza, estamos a negociar coa axencia de viaxes a posibilidade de recuperar o valor das rifas non vendidas, por isto, é importante que gardedes ben as papeletas.

  • Por último, no documento adxunto, tedes un apartado no que poñer o número de talonarios recibidos e o número de rifas non vendidas co fin de informar à axencia do importe que, no caso de prosperar as nosas peticións, deberá reembolsar.

Un saúdo,

Daniel Losada Andreu                                  Fernando Cabo Gómez

Director                                                         XD de AAEE

 

 

AdxuntoTamaño
A1 devolución Andorra.pdf108.24 KB

Powered by Drupal - Design by artinet