O noso centro

O IES Poeta Añón foi creado en 1999 como un centro de Educación Secundaria Obrigatoria para escolarizar ao alumnado que remata Educación Primaria nos dous colexios do Concello de Outes.

Leva o nome como homenaxe á figura de Francisco Añón nado no lugar de Boel preto do instituto.

Desde o curso 1999-2000 imparte Educación Secundaria para Adultos en horario nocturno.

Tamén se poden realizar estudos de Programas de Cualificación Profesional Inicial (antigos PGS) en modalidade mixta: 580 horas de módulos específicos en empresas e 320 de módulos xerais no IES).

Como a fronte non é moi vistosa, tamén presentamos a zona traseira que resulta máis atractiva.

E, o patio central tampouco está mal.

Powered by Drupal - Design by artinet