Entorno do IES

O IES “Poeta Añón” pertence ao concello de Outes e está situado na capital municipal, A Serra de Outes. Este municipio atópase no suroeste da provincia de A Coruña, ocupando máis da metade da parte septentrional da ría que forma o río Tambre. Limita cos municipios de Noia, Mazaricos, Muros e Negreira. A capital municipal está na Serra, que dista 7 km. de Noia, 15 de A Picota (Mazaricos), 25 de Muros, 40 de Santiago e 105 da capital provincial. A súa superficie é de  100 quilómetros cadrados e está dividida en 10  parroquias. (páxina Concello de Outes)
O total de habitantes do concello é de 8505 persoas, segundo o censo realizado en 2007, o cal supón unha densidade de 85 habitantes por km2, se ben a poboación tende a concentrarse no litoral, de xeito que a maioría vive nuns cantos núcleos próximos á costa: A Serra (cuns 2.400 h.), O Freixo (arredor de 1.500 h.), Serantes-Vara, Cruceiro de Roo e A Pontenafonso que suman en total máis da metade da poboación.
Trátase dun concello agrícola-gandeiro e marisqueiro, aínda que tamén existe unha poboación adicada á industria, na que hai que destacar serradoiros, asteleiros e construción.Ten importancia asimesmo o sector servizos, sobre todo a hostalería coa existencia de diversas casas de turismo rural.

Powered by Drupal - Design by artinet