Taboleiro

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

Como cada dous anos temos que proceder á renovación de todos os sectores que compoñen o Consello Escolar. RESOLUCIÓN 26 09 2016

O primeiro punto é a constitución da Xunta Electoral que será a encargada de controlar todo o proceso electoral.

EXAMES DE SETEMBRO ESA. Curso 2015-16

Calendario dos exames de setembro de adultos. Enlace.

EXAMES DE SETEMBRO ESO. Curso 2015-16

Calendario dos exames de setembro. Enlace.

PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. Curso 2016-17

No seguinte enlace podedes acceder ao calendario para solicitar ciclos formativos para o curso 2016-17. enlace

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2016

No DOG do 28 marzo sae publicada a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo de solicitude é ata o 28 de abril. Acceso á páxina da consellería.

Probas de acceso a ciclos medios 2016

Na orde do 2 de febreiro publícase a convocatoria das probas de acceso a ciclos medios:

Datas de inscrición: 4 - 15 abril.

Celebración da proba: 25 de maio.

Información completa na páxina web de Formación Profesional: acceso.

Obra de teatro: Pementeiras

O día 25 de novembro o noso alumnado asistirá a representación da obra de teatro Pementeiras na casa da cultura do Concello. Un ano maís realizamos actuacións para celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Esta actividade está organizada polo CIM do concello de Outes e con ela pretendemos visualizar o traballo da muller que moitas veces pasa desapercibido Coñece a obra.

Presentación da curta Convidados de Pedra

 

A sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña presenta a estrea da curta "Convidados de pedra" , traballo audiovisual executado por alumnado do IES Poeta Añón, gañadores do premio do "I Concurso de Guións contra a violencia de xénero" 2014, que terá lugar este venres 20 de novembro ás 8 da tarde na casa da Cultura do Concello de Outes.

 

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO 2015

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional pon en marcha a 6ª edición do programa Campus Científicos de Verano dirixido a 1920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bachalerato.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de marzo.

Máis información na páxina web http://www.campuscientificos.es

XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

Ata o 7 de abril está aberto o prazo para presentar traballos de poesía escritos en Lingua Galega se queredes concursar a iste prestixioso premio organizado polo Concello de Outes. Hai sete categorias para diferentes tramos de idade, incluído para maiores de 18 anos. Podedes acceder ás bases no seguinte enlace á web do Concello de Outes. Animádevos a participar, hai importantes premios.

Powered by Drupal - Design by artinet