Turismo

Saída a Proendos - Ciclo de Turismo

 Non poderíamos comezar mellor as saídas do Ciclo de Turismo deste curso 2021/22 que coa visita organizada polo Concello de Sober o pasado mércores 22 de setembro para divulgar o traballo arqueolóxico feito na parroquia de Proendos.

 O arqueólogo responsable dos levantamentos puxo en valor os achados atopados e nun deles mostrounos varias paredes construidas en paralelo cuns buratos en forma de corredor, trataríase dunha hipotética horrea romana.

 No outro levantamento, próximo á igrexa de Santa María de Proendos, puidemos observar unha ábsida circular aínda sen datar.

 As excavacións constataron tamén a existencia dun hipocausto que xunto cos achados anteriores confirman a importancia desta zona na época romana.

 

 

Turismo no Courel e Quiroga

 

O Ciclo de Guía, información e asistencia turísticas saímos, perto do final do trimestre,  a coñecer a zona sur do territorio do Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Courel” e o Val do río Sil

 

Comezamos polos dous centros de interpretación do Concello de Quiroga, o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico. No primeiro atopamos a historia xeolóxica da comarca cos eventos naturais máis salientables producidos dende  o Paleozoico ata os nosos días. No segundo coñecimos como a veciñanza da contorna se adaptou ao medio natural, aproveitando recursos da zona como o viño, a mel, o ferro , a lousa, o aceite,…

O Túnel de Montefurado, seguinte destino, amosounos a importancia que tivo a extracción do ouro na época do Imperio Romano. Resultou interesante visitar os dou lados do túnel así como varias minas da zona.

Chegando a hora do xantar achegámonos á almazara e adega Lar de Ricobao para facer unha cata comentada do viño denominación de orixe Ribeira Sacra da subzona Quiroga-Bibei e tamén do aceite de oliva de Quiroga.

 

Foi alí onde nos comentaron que a Universidade de Córdoba, cun dos laboratorios de maior prestixio a nivel internacional, certificou a calidade do aceite de Quiroga dentro das mellores do mundo, debido á elevada cantidade de polifenois, compoñentes antioxidantes beneficiosos para a saúde Despois das explicacións de Julio, o propietario da adega e almazara, ofrecéronos un xantar nas propias instalacións.

 

Pola tarde visitamos o Miradoiro Xeolóxico de Campodola para observar o coñecido como Pregamento deitado de Campodola-Leixazós, declarado Monumento Natural pola Xunta de Galiza en 2012 e Punto Xeolóxico de Interese internacional dese 1983. Este elemento xeolóxico foi o que permitiu que, as Montañas do Courel, optaran a Xeoparque Mundial da UNESCO.

 

Rematamos o percorrido na aldea e mina de Margaride onde Iván nos explicou os sistema de explotación mineiro romano de “corta de arrastre” ou “cunchas de equilibrio”.

 

Charla de Suso Verao

A finais do presente curso escolar visitou a nosa aula de Turismo o que fora director deste Centro, Xesús Verao.

Compoñente da asociación Colado do Vento dende a súa fundación é artífice de diversas actividades relacionadas coa recuperación de tradicións da Ribeira Lucense, sendo ademáis un dos fundadores do Grupo O Trícole, adicado á divulgación do Patrimonio inmaterial e difusión de cantigas e tradicións populares de Sober. Firme defensor da toponimia orixinal da zona, foi ademáis un dos primeiros descubridores do petróglifo da Laxa da Carreira, en Bolmente.

Coñecendo a súa traxectoria no eido cultural é comprensible que a disertación que ía versar únicamente sobre a orixe e evolución do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, da que Verao foi integrante dende os seus inicios, se convertera nunha posta en común moito máis ampla e enriquecedora para todo o auditorio presente.

Como remate, un percorrido pola historia da adega familiar A Cividade.

 

Visita ao Ateneo - Ciclo de Turismo

 

As perspectivas da Ribeira Sacra ante a Unesco” foi o título do acto divulgativo, celebrado no Ateneo Casino de Monforte de Lemos, que tivo como relator a Mario Crecente, coordinador da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

 

Celebrouse o venres, 23 de abril, e alí estivemos o alumnado e o profesorado do ciclo de  Turismo.

 

Ao tempo que coñecíamos a historia e as perspectivas da candidatura tivemos a oportunidade de degustar unha selección de viños de castas autóctonas da zona, comentados por Fabio de Adega Algueira.

 

Ciclo de Turismo: Visita ó colexio dos Padres Escolapios

 Era martes e 13… pero non ..., a data non tivo connotacións negativas para o ciclo de Turismo, todo o contrario.

Saímos a visitar o Colexio de Nosa Señora da Antiga. Facía menos de dous meses que o Consello da Xunta de Galicia o declarara BIC -Ben de Interese Cultural- na categoría de monumento e nivel de protección integral.

En Monforte de Lemos é imprescindible a visita a este conxunto monumental renacentista, tamén coñecido como Colexio dos Escolapios, expoñente do clasicismo herreriano en Galicia.

 A visita comezou na escaleira monumental para continuar percorrendo o claustro, a igrexa e a pinacoteca. Todo elo aderezado coas explicacións e a paixón da nosa ex alumna Paula.

 

   Grazas, Pau, por unha visita xenial!

 

Ciclo de turismo: Práctica de visitas guiadas

Rematamos a segunda avaliación do CS de Guías, información e asistencia turísticas con varias  prácticas de  visitas guiadas: 

        " Buscando a pegada do pasado" 

Nesta actividade Berta e Cristina propuxeron varios enigmas a resolver para atopar lugares e recursos esquecidos do pasado da cidade de Monforte de Lemos

 

“Un día cos VII Condes de Lemos”

Visita teatralizada na que viaxamos no tempo como convidados dos VII Condes de Lemos. Noelia, Paloma e Graciela fan o papel de D. Pedro Fernández de Castro, D.ª Catalina de la Cerda e do seu fiel amigo e secretario, Lope de Vega.

Acompañados de nobreza tan distinguida  percorremos o casco histórico da cidade, practicamos bailes de época e degustamos doces tradicionais.

 

“Camiñando pola historia de Lugo”

 Da man de Iago tivemos unha perspectiva da historia da cidade lucense dende a atalaia que supón o adarve da muralla romana.

 

“O camiño da nostalxia

Paula contanos que a nostalxia é un sentimento individual pero tamén pode ser colectivo. Unha cidade pode ter nostalxia do que foi.

 Neste percorrido transmítenos a nostalxia de Monforte polo seu pasado convertindoa en historia e en basamento do porvir.

 

 

    E para a próxima avaliación…..máis!!!      

 

Actividade de Coaching con cabalos

El Rincón de Finca el Carmen, na localidade monfortina de Fiolleda foi o destino elixido polo alumnado e profesorado do  Ciclo de Turismo para conmemorar o oito de marzo,  Día Internacional da Muller. 

O motivo desta elección ten relación coas verbas de James Lovelock: "La Tierra mantiene en sus entrañas un espíritu esencialmente femenino. Las mujeres, valientes, importantes, decisivas, se relacionan con la naturaleza en un principio vital y de lucha.”

Gozamos da natureza ao mesmo tempo que faciamos unha sesión de coaching con cabalos.

A terapia para detectar áreas de mellora no noso caso no grupo-clase consistiu en traballar a comunicacion, a confianza nun mesmo e nos demais, o autocoñecemento, a creatividade,... tratando de exercitar en todo momento o mindfulness.

Connan, África e Sara foron uns perfectos compañeiros de terapia con esa sensibilidadade especial que teñen os cabalos para sentir as emocións das persoas.

 En resumo, unha boa experiencia en contacto coa natureza que nos permitiu coñecer de primeira man outro interesante recurso do destino Ribeira Sacra.

 

    

Visita guiada por Monforte

 A última semana de febreiro o grupo de alumn@s do CS de Guías, información e asistencia turísticas saíu, acompañado da súa titora,  a percorrer a cidade para facer as súas primeiras prácticas de visitas guiadas polos principais recursos turísticos de Monforte de Lemos. 

 

 



Visita ó Parador de Monforte

    O ciclo de Turismo fixo,o pasado xoves,17 de decembro, unha visita ao Parador de Turismo de Monforte de Lemos coa intención de coñecer de cerca unha das ofertas aloxativas do territorio.

   Achegámonos ao Monte de San Vicente para visitar o que fora Mosteiro Benedictino de San Vicente e o Pazo dos Condes de Lemos. Na actualidade os dous forman parte do Parador de Turismo.

   Percorremos as instalacións dos dous edificios guiados pola directora do mesmo, Lilian Ferral, que se ocupou de darnos todo tipo de detalles da historia do emblemático aloxamento e tamén de facilitarnos información sobre níveis de ocupación e perfís de clientes.

 

Actividade do Ciclo de Turismo: Traballo de campo en Sober

Inventariar os principais recursos actuais e potenciais ligados á vitivinicultura en Sober foi o motivo do traballo de campo realizado polas alumnas e alumnos do CS de Guía, información e asistencia turísticas.

O xoves 23 de novembro desprazámonos a Sober para coñecer de primeira man algún dos atractivos da zona ligados ao viño e, buscando sinerxias de cara á creación de produto enoturístico, visitamos  tamén importantes elementos patrimoniais do territorio.

Haberá máis visitas e, sen dúbida, serán tan produtivas coma esta. Non podería ser doutro xeito tendo como cicerone a Paula Verao. Grazas, Paula.

 

Distribuir contido