IN02 - FP Novi

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Informática e comunicacións
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra
Ferrol
Centros colaboradores:
CIFP As Mercedes
Entidades colaboradoras:
Pedro Cuesta
EasyWorks
Obxectivos:
  • Deseñar e construír un robot autoequilibrado multifuncional para ser usado como elemento difusor de FP Innova 2018.
  • Usar a capacidade de innovación dos centros educativos para difundir e pór en valor a Formación Profesional de Galicia.
  • Fomentar o traballo en equipo do alumnado e o profesorado de varias familias profesionais e centros educativos, nun proxecto complexo e innovador.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dun robot multifuncional e autoequilibrado como elemento difusor no congreso FP Innova, que ofreza información ás persoas visitantes ao evento. A primeira versión do robot xorde da materialización da imaxe proxectada na edición do congreso do ano 2017 e incorpora funcionalidades como as capacidades de movemento, de visión, de audio e de reprodución de vídeo.

FP Novi
FP Novi
FP Novi

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.