IN27 - Fasquía 3D: dixitalización de embarcacións tradicionais

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Madeira, moble e cortiza
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
CIFP Ferrolterra
IES Francisco Aguiar
Entidades colaboradoras:
Federación Galega pola Cultura marítima e Fluvial (Culturmar)
Asociación Galega de Carpintarías de Ribeira (AGALCARI)
EXPONAV
Colexio de Enxeñeiros Navais de Galicia (COINGA)
Asociación Cultural mariñeira Os patexeiros
GALP Golfo Ártabro Norte
Leica Geosystems
Estaleiros Triñanes
Obxectivos:

•    Crear un catálogo dixital de modelos de embarcacións tradicionais galegas mediante o uso de tecnoloxías de escaneamento tridimensional.
•    Desenvolver un repositorio en liña para a descarga dos modelos dixitalizados para fins educativos.
•    Promover a aplicación de tecnoloxías de impresión 3D como ferramenta pedagóxica para a aprendizaxe práctica e a creatividade en diferentes ámbitos educativos.

Síntese do proxecto:

Creación dun repositorio dixital que incorpore tecnoloxías de escaneamento e impresión 3D para preservar e difundir modelos de embarcacións tradicionais galegas, facilitando a súa integración en proxectos educativos transversais e combinando así a tradición coa innovación tecnolóxica.

Participantes:

Coordinador: Miguel Martínez Modroño