IN30 - Da presa á mesa: prototipo de planta potabilizadora móbil
• Realizar o prototipo dunha planta de tratamento de auga potable (ETAP), que sirva para explicar e entender os procesos destas plantas.
• Controlar o funcionamento dos procesos nas estacións de tratamento de augas, así como realizar tarefas de mantemento destas plantas.
• Mellorar a formación do alumnado e facilitar a súa incorporación ao sector produtivo.
Deseño e construción dun prototipo móbil de ETAP que simula os procesos de tratamento da auga desde a captación ata a potabilización, co obxectivo de ofrecer un ambiente propicio para a realización de prácticas innovadoras que impulsen o crecemento profesional do alumnado.
Coordinadora: Élida Pereiro López