IN09 - Integración de AGV e robótica colaborativa para a clasificación de produtos

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP Fontecarmoa, Vilagarcía de Arousa
Entidades colaboradoras:
FESTO
Obxectivos:

•    Reducir os tempos de clasificación e aumentar a precisión na distribución de produtos mediante a posta en práctica de solucións tecnolóxicas avanzadas.
•    Minimizar os erros e os custos asociados ao proceso de clasificación.
•    Promover a competitividade das empresas mediante solucións avanzadas de automatización e robótica.

Síntese do proxecto:

Integración de vehículos de guiado automático (AGV) e sistemas de robótica colaborativa co obxectivo de mellorar e optimizar procesos de clasificación de produtos en contornas industriais.

Participantes:

Coordinador: Bieito Calvo Méndez e Ramón Cervo Escalada