IN11 - Simulador colaborativo de realidade virtual para emerxencias extrahospitalarias

Familias profesionais:
Informática e comunicacións
Sanidade
Centro educativo coordinador: CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, Ourense
Entidades colaboradoras:
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061
TESGalicia
Alfonso Varela Giménez
Jacobo Muíño Morandeira
Obxectivos:

•    Desenvolver un simulador colaborativo de realidade virtual que proporcione unha experiencia inmersiva e interactiva para a formación en situacións de emerxencias extrahospitalarias.
•    Mellorar a formación práctica do alumnado mediante a simulación de escenarios realistas e a interacción con compañeiros/as na mesma contorna virtual.
•    Proporcionar unha ferramenta de formación versátil que poida ser utilizada en diferentes centros educativos.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dun simulador colaborativo de realidade virtual para a formación do alumnado en situacións de emerxencias extrahospitalarias, permitindo a interacción de dúas persoas nun mesmo escenario virtual.

Participantes:

Coordinadora: Beatriz Mira Miñones