IN23 - Control intelixente de cultivos mediante IoT

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centro educativo coordinador: CIFP Universidade Laboral, Culleredo
Centros colaboradores:
CIFP Universidade Laboral
Entidades colaboradoras:
Federación Galega de Razas Autóctonas (BOAGA)
Consorcio As Mariñas
PROSEGUR
Finca O Castelo
Obxectivos:

•    Integrar tecnoloxía IoT para a monitorización remota do sistema de cultivo.
•    Optimizar o rendemento e a eficiencia da produción agrícola ao proporcionar datos en tempo real.
•    Reducir os custos de mantemento e os impactos ambientais asociados ás prácticas agrícolas.

Síntese do proxecto:

Deseño e posta en práctica dun sistema de cultivo avanzado que integre tecnoloxías de control de rega, regulación de temperatura do solo e monitorización remota a través de IoT, co obxectivo de optimizar o rendemento e a eficiencia na produción agrícola.

Participantes:

Coordinador: Teresa Méndez Varela