IN10 - Virtual Commissioning: do xemelgo dixital á posta en marcha virtual

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Fabricación mecánica
Centro educativo coordinador: CIFP Politécnico de Lugo, Lugo
Centros colaboradores:
IES Punta Candieira
Obxectivos:

•    Crear unha réplica dixital precisa e fidedigna dun sistema mecatrónico real mediante un xemelgo dixital.
•    Mellorar a eficiencia e a seguridade do proceso de posta en marcha mediante a simulación virtual.
•    Reducir os custos asociados á resolución de problemas e aos axustes durante a implementación real do sistema mecatrónico.

Síntese do proxecto:

Deseño e implementación dun xemelgo dixital a partir dun sistema mecatrónico real, que permita unha posta en marcha virtual (virtual commissioning) co obxectivo de abordar posibles incidencias antes da execución real.

Participantes:

Coordinador: José Ramiro López Casal