IN08 - Hidróxeno verde: xeración, acumulación e combustión para autoconsumo

Familias profesionais:
Enerxía e auga
Fabricación mecánica
Instalación e mantemento
Centro educativo coordinador: CIFP Valentín Paz Andrade, Vigo
Entidades colaboradoras:
OME Ingeniería
Universidade de Vigo - Dpto. Enxeñaría Química
Obxectivos:

•    Construír un prototipo dun sistema de hidróxeno verde para autoconsumo de enerxía térmica, dixitalizado e automatizado.
•    Analizar os rendementos de cada unha das transformacións de enerxía no sistema: solar → eléctrica → química → térmica.
•    Mellorar as competencias dos novos técnicos en hidróxeno e automatización.

Síntese do proxecto:

Desenvolvemento dun prototipo de sistema para autoconsumo de enerxía térmica, aproveitando a enerxía solar fotovoltaica para producir hidróxeno verde, o cal se almacena e se utiliza nunha caldeira de condensación para calefacción.

Participantes:

Coordinador: José A. Rodríguez González