IN09 - Prototipo UTM soporte de asistencia sanitaria

Familias profesionais:
Madeira, moble e cortiza
Sanidade
Centro educativo coordinador: CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
A Coruña
Centros colaboradores:
CIFP Politécnico de Lugo
Entidades colaboradoras:
Fuertes-Penedo
Obxectivos:
  • Deseñar un prototipo dunha unidade ecosustentable para dar soporte vital básico en situacións de risco especial.
  • Crear unha unidade de soporte vital para asistencia sanitaria que sirva para o seu uso no ciclo das emerxencias sanitarias.
  • Garantir a integración da unidade no contorno co uso de materias ecosustentables.
Síntese do proxecto:

Deseño e creación dun prototipo materializado nunha instalación que permita dar soporte vital en situacións de risco previsible, adaptable a espazos reducidos pero dotado dos medios adecuados de emerxencia para que o persoal coa formación adecuada poida prestar servizo de asistencia sanitaria en situacións de risco especial.

Proxecto premiado na Convocatoria innovación 2017 na Modalidade A.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.