IN20 - Adestrador de sensores e actuadores no automóbil

Familias profesionais:
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: IES María Sarmiento, Viveiro
Entidades colaboradoras:
Recalvi SL
Obxectivos:
  • Familiarizar os alumnos coa diagnose de sensores-actuadores no automóbil.
  • Implicar aos alumnos na realización de material didáctico para a aula.
  • Análise dos principios físicos presentes nos sensores-actuadores e a súa conversión en sinais eléctricos.
Síntese do proxecto:

Deseño e construción dunha ferramenta que permita un fácil adestramento para a diagnose e arranxo de avarías nos sensores – actuadores no automóbil. Como base empregamos un vehículo actual ao cal se lle adaptaron unha serie de regretas para facilitar a diagnose.

Participantes:

Profesorado do departamento de Transporte e mantemento de vehículos do IES María Sarmiento.

Alumnado dos ciclos formativos da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos do IES María Sarmiento.

Coordinador: Ramón Martínez Pego.

Proxecto premiado na Convocatoria de innovación 2018 na Modalidade B.

Acceda ao plano coa localización dos proxectos de innovación no andar -1 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.