Skip to Content

Homenaxe a Rosalía de Castro

O alumnado de 2º de Primaria fai o seu propio homenaxe a Rosalía de Castro contándonos a súa biografía e recitando o seu poema: adiós ríos, adiós fontes.

Festival de Entroido

Que bonito foi o festival de Entroido. Deixamos aquí o vídeo por se vos apetece volver gozar del!

5º obradoiro Camiñando pola Prehistoria: a muller na Prehistoria

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, durante esta semana a mestra e arqueóloga Ana Quicler obsequiounos cun obradoiro sobre arqueoloxía de xénero, na que nenos e maiores aprendemos e reflexionamos sobre unha morea de aspectos relacionados co papel da muller na Prehistoria.

Ex-alumnos do colexio de Belesar conversan na radio co seu Mestre Manolo Rodríguez.

Convocado para realizar unha entrevista no marco do proxecto "Belesar, Camiños da Memoria" que este ano ten a súa continuidade con "Belesar, camiñando pola prehistoria", o Mestre non agardaba que no medio da sesión de gravación apareceran as nais destes alumnos que, á súa vez, eran os seus ex-alumnos. Dúas xeracións en conversa informal cargada de emoción, amor e agradecemento.

Manolo Rodríguez foi mestre en Belesar durante trinta anos ata a súa xubilación hai oito anos. A día de hoxe continúa en contacto estreito con centro e vai xerando "escola" alí por onde vai.

O centro convida a todos os membros da comunidade educativa a acercarse a Radio Belesar, a radio da escola, para conversar co seu alumnado e axudar a recuperar e manter a memoria lo lugar.

A entrevista pode escoitarse en Ivoox ou verse na na nosa canle de Youtube.

Vacantes curso 2024/2025

Reserva e admisión 24/25

Graduación Infantil e Primaria curso 22/23

Sorpresiñas que molan Guiño

 

Obradoiro Paleolítico

Vídeo completo do obradoiro do Paleolítico que tivo lugar no centro en xaneiro levado a cabo por Jose Valtierra de "Donde viven los cuentos".

 

Entroido. Ordes do Meco

Bo día familias,

xa case estamos en tempo de Entroido e, como cada curso, este venres o Meco fará aparición no centro para darnos mandatos distintos para cada día (non serán acumulativos). Para ir quentando motores e planificando...facemos spoiler das ordes Guiño

Que viva o Entroido!

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut