O pasado sábado 2 de Xuño, os alumnos Noa Copero, Laura, Noel, Candela F., Aldara, Lola, Noa Carme, Brais, Ana e eu, Antía, (acompañados polos nosos familiares e profesores) viaxamos ata A Coruña para recoller o premio do concurso de prensa-escola. Fomos nun minibus ata o parque de Acea de Ama e, ao pouco de chegar, nos diriximos ao lugar onde se entregarían os premios e os diplomas.
Foi nova...
IMOS DE RECOLLIDA
O pasado sábado 2 de Xuño, os alumnos Noa Copero, Laura, Noel, Candela F., Aldara, Lola, Noa Carme, Brais, Ana e eu, Antía, (acompañados polos nosos familiares e profesores) viaxamos ata A Coruña para recoller o premio do concurso de prensa-escola. Fomos nun minibus ata o parque de Acea de Ama e, ao pouco de chegar, nos diriximos ao lugar onde se entregarían os premios e os diplomas.
1º PREMIO NO CONCURSO OS/AS MELORES XORNALISTAS 2012
A nosa alumna, ANTÍA MARTÍNEZ PRADO, lévase o primeiro premio na novena edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil convocado polo programa Prensa-Escola , no que estamos a participar neste curso.
Cun alto nivel de participación, as interpretacións artísticas da realidade dos alumnos/as de primaria combináronse con textos artísticos de moita calidade, así a labor do xurado especializado foi moi difícil; aínda así, a nosa alumna, coa nova "Los cerdos vietnamitas...¿se mudan a Galicia" foi recoñecida como a mellor xornalista do nivel 2 (3º, 4º, 5º e 6º de primaria).
Noticia no xornal "A voz de Galicia" mércores, 30 de maio de 2012, La Voz de la Escuela
Noraboa a Antía e familia!
Noraboa ós/ás mestres polo traballo diario e por participar nestes programas!
Noraboa ó traballo da nosa Biblioteca, porque de seguro, que este premio, e froito do traballo realizado o pasado curso no apartado de formación de usuarios!
Os premios serán recollidos este sábado nunha festa que organiza a Voz de Galicia:
Premio para a alumna Antía Martínez: unha fin de semana en Madrid para catro persoas e entradas para o Parque Warner
Premio á mestra, Concepción Estévez Baspino: Unha estancia de dúas noites para dúas persoas nun hotel-spa de catro estrelas.
RESOLUCIÓN DO CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"
O venres pola tarde Whithney (6º), Candela ( 6º ) e Gonzalo ( 4º ) viaxaron ata Santiago de Compostela para recoller o seu diploma como finalistas do Concurso: "Unha xoia para a túa nai". Estiveron acompañados dos seus pais e nais, das súas mestras e directora do colexio. Esta vez non puido ser, xa que a esperada xoia non chegou, outra vez será... ata o ano que ven!!!
Nesta presentación, podedes ver os debuxos dos tres finalistas do concurso.
Para saber máis visita os seguintes enlaces:
FINALISTAS NO CONCURSO "DESEÑA UNHA XOIA"
Entre 7.167 participantes, tres alumnos/as do noso colexio: Gonzalo Agrafojo Delgado (4º primaria), Candela Fernández Carballas (6º primaria) e Whitney Rusen (6º primaria) entre os 80 finalista do Concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría. A entrega dos diplomas aos finalistas e das xoias aos gañadores terá lugar o venres 27 de abril 2012, ás 18h, no CGAC de Santiago de Compostela.
OS NOSOS PARABÉNS E MOITA SORTE!
|
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2012-2013
Nos seguintes enlaces podes ver e descargar todo o referente á matrícula para o vindeiro curso escolar 2012-2013
Prazo de solicitude dende o 1 de marzo ata o 10 de abril
Calendario e actuacións de admisións para o curo 2012-2013
Impresos para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »