Foi nova...

UNHA NOVA FANTÁSTICA!

Este luns, 2 de decembro, deparounos unha grande nova:

O PDI na nosa Biblioteca "A LINGUA SABE A PAN" conqueriu o Premio Nacional de Educación para centros non universitarios na modalidade de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura e Audiovisuais.

 

Se premes na imaxe, navegarás ata o blog da nosa Biblioteca, O Lar de Frianciño, donde atoparás unha completa información desta nova.

NORABOA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!

O NOSO PDI NO ESPAZO ABALAR

O Proxecto documental integrado da nosa Biblioteca reseñado no Espazo Abalar no apartado de Experiencias 2.0

Podes atopar a reseña completa no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/lingua-sabe-pan

CUARTOS NO CONCURSO LIGAMATS

O mércores, 15 de maio, o equipo que concursou en Ligamats, actividade da Semana Matemática, foi recoller o premio e diploma polo seu cuarto posto. Tamén houbo un diploma para o noso Centro que foi recollido pola mestra Conchi.

Se premes na imaxe poderás ver as fotos dos mellores momentos.

 

ligamat

Noraboa para todos e todas, en especial para Ainhoa, Ariadna, Iván e Andrés !

FINALISTAS NA SEMANA DA MATEMÁTICA

ligamats

 

Un  grupo de alumnos/as de 5º de primaria, clasificáronse para a final da IX Ligamats.

A fase final celebrarase o  martes 14 as 16:30. Os alumnos/as que nos representan son:

Iván Fernández, Ainhoa Rodríguez Domínguez, Ariadna González Ballesteros y Andrés López Bastos.

A mestra responsable da actividade é Conchi, titora de 5º.

Enlace ó blog do alumnado: http://quintodefrian.blogspot.com.es/

 

Moita sorte, e xa contaredes, rapaces!

FINALISTAS: DESEÑA UN XOIA PARA TÚA NAI

A derradeira semana de abril, os finalistas do concurso DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI, Gael ( 5 anos ) e Paula ( 4ºB ), reuníronse en Santiago de Compostela para recoller o seu diploma. Aquí tedes as fotos que recollen os momentos máis importantes do acto.

Parabéns, bo traballo!

Powered by Drupal - Design by artinet