Foi nova...

Premiados no "Faro da Escola"

Este ano o CEIP Frian-Teis participou no proxecto "Faro da Escola".

Fomos premiados pola reportaxe "Controla os teus decibelios", mais o principal premio foi a participación, o que aprendemos, e que cada neno e cada nena leve o seu exemplar en papel.

A continuación a reportaxe fotográfica do evento.

 

XIV Concurso Internacional de Debuxo Infantil : “O país da auga”

 

Os alumnos de 5º do cole, no curso anterior (2015/16) participamos no XIV Concurso Internacional de Debuxo Infantil : “O país da auga”. Presentamos os nosos traballos facendo unha investigación moi interesante sobre este recurso tan imprescindible para a nosa vida como é a “auga”.

       

Tivemos a gran sorte de que unha alumna do noso cole foi premiada polo seu excelente debuxo. A galardonada é María Sio Tizón de 5º-A.

María Sío Tizón acompañada da súa familia o día da entrega do premio

       

Aqualia convidounos a toda a clase á entrega de premios, que se celebrou o día 31 de marzo.

A protagonista  explica como fixo o seu debuxo. Que mellor que ela para contarnos como foi todo o proceso.

A continuación unhas fotos da ceremonia de entrega de premios, preme nela e verás os mellores momento da ceremonia:

Cos seus compañeiros/as e a mestra

 

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 
O domingo 2 de abril, foi o Día Mundial  de  Concienciación sobre o Autismo.

 

En España promoveuse unha campaña co lema:

 

 

 Temos que reflexionar sobre a accesibilidade. Diariamente os nenos e as nenas con TEA atopánse con barreiras invisibles que van máis aló do meramente físico e sensorial. Barreiras que lles impiden comprender o entorno. Temos que entre todos e todas romper esas barreiras.

Para facer esta reflexión e saber máis sobre o autismo, nas aulas do cole podemos visualizar o seguinte vídeo :

 

Rompamos xuntos barreiras polo autismo!

    Fagamos unha sociedade accesible!

Aprendendo a salvar vidas na escola

"Ti tamén contas, axuda a salvar vidas"
 
 
A penúltima semana do primeiro trimestre do curso 16/17, un grupo de pais e nais  (Chus, Elba, Marisol, Teresa e Fran) relacionados co sector sanitario prepararon para o alumnado de 5º e 6º un obradoiro sobre a reanimación cardio pulmonar  RCP.  Cunha posta en escena moi atractiva, os pais e nais, foron explicando pouco a pouco como calquera de nós podemos axudar a salvar vidas.
 
Fixéronnos chegar a importancia de saber como actuar  ó atoparnos cun problema: protexernos o primeiro, avisar o segundo e para finalizar socorrer.
 
Se sempre seguimos estes consellos estaremos actuando axeitadamente.
 
 Imaxes obtidas durante o obradoiro de 6º
 
 
Imaxes obtidas durante o obradoiro de 5º
 
 

Guardar

 
Moitísimas grazas pola vosa implicación, moito aprendemos!

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet