Saídas e visitas

Saídas e visitas

FACEMOS PIZZAS

O alumnado de 3 e 4 anos visita a pizzería Fresh Pizza. Convertímonos en expertos pizzeros e cociñamos as nosas propias pizzas con ingredientes moi naturais.

 

 

 

 

 

Coñecemos Balaídos

   O martes 10 de outubro o alumnado de Educación Infantil, puxo rumbo ao estadio de Balaídos para coñecer as súas instalacións. Toda unha aventura que gozamos moitísimo e que sen dúbida quedará na nosa memoria. 

 

Resultado de imagen de niños jugando futbol dibujo 

 

 

 

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Parque Forestal O Vixiador

 

O pasado luns 8 de maio os nenos e nenas de educación infantil do CEIP Frian-Teis realizamos unha visita a través do programa municipal VigoExplora O Vixiador, onde cativos e profesores descubrimos a riqueza das especies que viven nos montes da cidade.

Completamos unha xornada chea de emocións e aventuras, pasando por diversas estacións en pequenos grupos e con monitores especializados que nos convidaron a buscar pistas de pegadas de animais, sons de aves, charcas con anfibios, etc

 

Foi una xornada intensa de actividades onde as nosas mochilas voltaron cheas de coñecementos.

 

VISITA AO ZOO

VISITA AO ZOO A última saída deste curso foi ao zoo. Este terceiro trimestre traballamos no proxecto dos animais. Qué mellor final de proxecto que ir a ver a moitos dos animais que traballáramos en vivo i en directo! Ao chegar, aproveitamos para tomar a nosa media mañá no merendeiro próximo ao recinto do zoo, para logo xogar un ratiño antes de comezar a visita. Para que ésta fora operativa , dividíronnos en grupos reducidos para seguir a un monitor ou monitora que nos ía contando todo o que mirábamos. A pesares de que algúns animais estaban un pouco preguiceiros e non se deixaron ver, puidemos disfrutar da visión de xabaríns, lobos, leóns, xinetas, quincallús, morcegos, osos, burros, cebras, tartarugas, lémures...

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA DE INFANTIL: ECOGRANXA ATALAIA

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA DE INFANTIL: ECOGRANXA ATALAIA Todos os anos, o alumnado de 5 anos goza dunha excursión como despedida desta etapa de educación infantil. Nos anos anteriores os destinos foron A Granxa Kiriko ou a Illa de San Simón. Pero este ano decidiuse cambiar de lugar, polo que se escolleu A ECOGRANXA ATALAIA en Cotobade. O mércores 1 de xuño, foi a data elixida. Saímos sobre as 9:45 do cole, chegando á granxa ás 10:30. Alí nos esperaba alguén especial, “Iker”, o amistoso mastín, que nos deu unha benvida superagarimosa... Unha vez chegamos, tomamos a media mañá e despois nos dividiron en dous grupos. Un grupo comezou coa visita aos animais autóctonos da granxa ( vacas, cabalos, porcos celtas, ovellas, carneiros, galiñas, coellos, patos...) mentres o outro grupo, unha vez debullado millo e cargado ao burro fariñeiro, acompañaron a este para baixar ao muíño e moer o gran que previamente debullaran, descubrindo o funcionamento e as partes deste elemento tan noso. Logo os dous grupos intercambiaron estas actividades O tempo voaba, e xa era o tempo de comer. Todos xuntos, nunhas mesas de madeira cunhas excelentes vistas, gozamos das comidas que nos prepararan as nosas familias con agarimo. Logo de comer e dun pequeno descanso, comezamos coas actividades da tarde. Os dous grupos, de xeito alternativo, pasárono xenial con xogos de búsqueda, intriga e aventura; e sentiron a especial sensación de montar á cabalo en tres magníficos exemplares de cabalos galegos. Sen darnos conta chegou a merenda e a continuación o regreso ao cole e polo tanto, a despedida da Granxa e, como non, de “Iker”. No autobús, sentiámonos cansos, pero sobre todo, moi felices por ter gozado dun día especial coas/cos nosas/os compañeiras/os e as nosas/os mestres...

Powered by Drupal - Design by artinet