Saídas e visitas

Saídas e visitas

VISITA A POLICIA MUNICIPAL 2016

Os alumnos e alumnas de 4 anos estivemos de visita na Policía Municial de Vigo onde vimos as intalacións, aprendimos normas, vimos o tráfico da cidade a través de pantallas, subimos nas motos dos policías e ... fixemos amigos. Todo foi moi divertido. Aquí tedes as nosas fotos.

 

SAÍDA C.C. TRAVESÍA "SEA TO SEE"

O mércores 9 de decembro o alumnado de 5 anos foi invitado a visitar a exposición “SEA TO SEE” (Un mar para ver), ao Centro Comercial Travesía. Baixamos camiñando, como non, e entramos por unha porta especial. Unha vez dentro, no primeiro piso, esperábannos os/as monitores/as que nos repartiron en tres grupos. Cada grupo, alternativamente, tivo a oportunidade de: Poñerse un chaleco salvavidas e facer “unha viaxe en submarino” visionando o mundo mariño que só se pode ver sumerxíndose baixo as augas do mar; subir a unha carabela de madeira como na que viaxou Colón ; ver maquetas de embarcacións famosas como o Nautilus ou o Titanic, de faros como o de Alexandría; ou ver o traxe de buzo que se usa actualmente ao lado dun igual aos primeiros que se utilizaron... Toda unha experiencia mariña para ver. E coñecer.

 

 

VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA 2015 - 3 ANOS

O pasado martes 24 de novembro foi unha data moi especial para os nenos e nenas de 3 anos de educación infantil: Foi a primeira excursión que facían no cole! Incluso algún ou algunha era a primeira excursión que facían en autobús...
Visitaron xuntos cos seus e as súas profes a Biblioteca Pública Juan Compañel situada nos casco vello de Vigo.
Alí nos atendeu César, un bibliotecario maravilloso que nos fixo pasar unha mañá superdivertida. César enseñounos a biblioteca, coas súas dependencias, espazos e materiais. Falounos das normas que había que cumprir nela, e incluso nos puxo un vídeo de Caillou e Pepa Pig visitando unha biblioteca...
E un dos momentos máis entretido foi cando estivemos metidos entre os contos: Na bebeteca (espazo da bilioteca para os nenos e nenas de 0 a 3 anos) estivemos mirando e lendo contos e libros de todos os tamaños, formas e texturas, despois de que César nolos mostrara e incluso nolos contara...

Powered by Drupal - Design by artinet