Saídas

Saídas

VISITA AO MUSEO DO MAR 2019 1º A/B

O dia 10 de abril saimos do cole para visitar o Museo do Mar xa que estamos traballando no coidado dos nosos mares e queriamos saber máis cousas sobre o tema. Estivemos "pescando" lixo e aprendendo o perxudiciales que son os nosos residuos para a vida mariña. O tempo foi moi bo e poidemos sacarnos unhas fotos no exterior de camiño ao acuario onde coñecimos a fauna mariña da nosa ría. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

O mécores día 13 de febreiro o alumnado de 1º A e B fixemos unha saída ao Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia situada no Casco Vello de Vigo onde aprendimos moitas cousas sobre as Illas Cies e sobre un personaxe moi especial, un corvo mariño cristado chamado Martiño. Agora xa sabemos máis sobre o seu hábitat e as súas costumes. Gozamos moito desta visita e do día, por iso vos deixamos estas fotos.

 

4° vai coñecer o Pergamiño Vindel

A saída ao Museo do Mar foi moi interesante, xa que o monitor Jose, explicounos como era a sociedade na Idade Media, como traballaban os médicos e como facían para escribir naquela época que... era tan diferente á nosa !!! 

 Tamén visitamos o Pergamiño Vindel, un libro moi antigo e valioso. Neste caso a monitora Aroa seguíunos falando da sociedade desta época e contounos cousas moi interesantes.

Moitas grazas aos dous!

Powered by Drupal - Design by artinet