Desde Oratoria en 4°A e B queremos darvos ideas para facer adornos de Nadal. Quedan moi ben e teñen un proceso de realización moi sinxelo. Mirade con atención!
Desexamos que vos gusten!!
Desde Oratoria en 4°A e B queremos darvos ideas para facer adornos de Nadal. Quedan moi ben e teñen un proceso de realización moi sinxelo. Mirade con atención!
Desexamos que vos gusten!!
Durante a semana do 5 de decembro o alumnado de 2° e 6° de Primaria, estivemos a traballar no Estatuto de Autonomía de Galicia e elaboramos este mural reflectindo os nosos símbolos máis relevantes:
o himno, a bandeira, o escudo, o noso mapa, a Catedral de Santiago e o Camiño; así como unha selección de palabras da nosa Lingua e escritores e escritoras galegas.
O alumnado de 3º A e B de Primaria celebraron o Día Internacional dos Dereitos Humanos, creando unha escolma de anuncios radiofónicos onde expresan os nosos dereitos e deberes.
Sabemos como vos sentides, todos e todas podemos ser refuxiados/as...
Frian Films presenta:
“UNHA HISTORIA DE REFUXIADAS E REFUXIADOS”
Neste curso, no segundo trimestre, incorporouse a clase de 6º un neno refuxiado que saíu do seu país, Siria. Na clase de valores comezamos a investigar no tema dos refuxiados e refuxiadas. Decidimos facer unha curta intentando poñernos na situación de alguén que chega a un país descoñecido . Escribimos o guión entre todos os equipos e despois repartimos as funcións de cada un. Convertémonos en actores e actrices, técnicos de son, cámaras, persoal de vestiario e sen máis... puxémonos a gravar.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DO NOSO TRABALLO
E
LEMBRADE QUE TODOS E TODAS PODEMOS CHEGAR A SER REFUXIADOS E REFUXIADAS.
Claudia na entrega de agasallos
O 22 de febreiro de 2018 foron entregados no 1º andar do Concello de Vigo os premios do concurso "Vigolandia 2017". Este ano a premiada do noso colexio foi Claudia Novas López de 1º A.
Compartimos as fotos para que vexades como o pasamos.
Traballo premiado
Momentos da entrega das distincións
CURSOS ANTERIORES
Título | Data de envio |
---|---|
COÑECENDO A RECONQUISTA | 25/04/2024 - 15:25 |
O EQUIPO DO FRIAN NO ATLETISMO EN PISTA | 10/04/2024 - 23:50 |
PUNTO LARANXA FÍSICO | 08/04/2024 - 15:19 |
RECONQUISTIÑA 2024 | 05/04/2024 - 09:37 |
EASTER | 24/03/2024 - 13:42 |
LETRAS GALEGAS 2024 | 09/03/2024 - 14:50 |