Skip to Content

Novas

MUSICAIS NO ENTROIDO

Este curso a temática do proxecto anual é a música, por iso decidiuse elixir os MUSICAIS como idea para disfrazarse no entroido.

Mans á obra: cada nivel escolleu un musical para interpretar co alumnado desa idade, informáronse sobre o mesmo, acordaron como facer o cartel publicitario para o decorado, prepararon a coreografía que escenificar o día do festival, o 9 de Febreiro diante da comunidade educativa.

O decorado cos carteis dos musicais ambientaba o pavillón para que lucisen as coreografías respectivasSorriso

 

(Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos das actuacións de cada curso)

  

  

    

O alumnado de 6º EP, aproveitou a repartir entradas entre as familias a cambio dun donativo voluntario, como colaboración para a excursión final de curso e etapa.

21 DÍAS CO GALEGO E+ (23_24)

Banner 21 días

 

21 días co galego e + é un programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, dentro e fóra dos centros de ensino, no marco do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.

Esta iniciativa de dinamización lingüística nace para que o alumnado fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas e que, alén diso, analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa nosa, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.

Na actualidade participa alumnado de Ed. Infantil e Primaria, ESO, bacharelato e FP, con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que se compromete co seu profesorado a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 días que dura o programa dentro e fóra do centro de ensino.

Xorde co ánimo de compartir a ilusión por conservar, recuperar e crear falantes que vivan o galego como unha lingua a medrar chea de posibilidades. A súa singularidade reside na vontade de implicar os rapazas e rapaces durante un tempo determinado en todas as facetas da súa vida, na procura de que o galego sexa lingua normal de uso en todos os ámbitos, e en levar a aula á rúa e a rúa á aula, fuxindo do estudo máis académico da lingua.

Este programa ten a súa orixe en 21 días co galego, unha experiencia didáctica que botou a andar no IES da Pobra do Caramiñal no ano 2013, da man da profesora Pilar Ponte; desde entón, desenvolvéronse catro edicións máis dese proxecto no mesmo centro.

En 2015 recibiu un premio de innovación en dinamización lingüística da  Secretaría Xeral de Política Lingüística e no ano 2018 recibiu o primeiro acto de recoñecemento a unha actividade educativa por parte da Real Academia Galega. No ano 2019 recibiu o X Premio da Lingua Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e o Premio da Cultura Galega de Lingua.

Ano a ano medra tanto no número de centros como no de participantes na procura de manter e espallar o galego entre a infancia e a mocidade galegas.

programa radio galega 21 días

 

 

 

  "AULAS MUSICAIS"

Esta actividade que ideamos para o programa, vinculada tamén ao proxecto de centro e de Bibliotecas deste curso escolar (A Música), foi unha das propostas estrela desta edición.

A través da mesma desenvolvemos diversas actividades relacionadas coa nosa música e o noso patrimonio cultural como pobo. E para crear referentes nos discentes, potenciar esta mensaxe, e achegar esta cultura o máis posible aos discentes, apadriñamos todods os espazos e aulas do centro co nome de grupos e artistas galegos, que ademáis de enviarnos os seus vídeos de agradecemento e felicitacións ao alumnado pola actividade, tamén nos foron visitando durante os 21 días e ao longo de todo o curso escolar.

 

"DITOS RETRANQUEIROS DOS NOSOS MAIORES"

Con esta actividade, durante os 21 días, o alumnado foi recollendo os ditos máis retranqueiros dos seus maiores, para despois facer unha posta en común nas aulas e recopilalos facendo como actividade final unha humilde edición impresa deste traballo.

 

 

 

"OUTRAS ACTIVIDADES" 

 

 

RADIO RAMALLOSEIROS - "21 DÍAS COGALEGO E+"

QUE SE EXPANDA A PAZ

Unha data no calendario escolar que lle adicamos todos os cursos, momentos de reflexión e traballo é a conmemoración do Día da Paz, aínda que desexamos que se lembre cada día, procurando o diálogo e a tolerancia no centro e alá polos espazos nos que nos desenvolvemos, procurando un mundo mellor entre todos e todas.

Neste caso, o alumnado do 2º ciclo de E.I., recrearon o símbolo da Paz coa estampación das súas mans, e rechearon a pomba da Paz utilizando a técnica do collage coa mestra de arte.

Tamén como actividade internivel e fomentando o compañeiro e as lecturas compartidas, dúas aulas de alumnado de 5º EP, leron contos de valores aos máis pequen@s do colexio, compartíronlles debuxos, pegatinas,...

 

 

NOVO ESPAZO

Estamos moi content@s, pois chegaron en forma de agasallo de Reis, os novos carteis que se elaboraron para sinalizar os distintos espazos do centro, relacionados coa biblioteca ou anexos a esta, como ludoteca, polos creativos, radio escolar ou fonoteca, entre outros; chulísimosSorriso

Aproveitamos  para indicar que creamos un espazo máis, do que poden desfrutar as crianzas no tempo de lecer, como é a FONOTECA, para escoitar música en momentos de ocio; unha proposta que se enmarca ademais dentro do proxecto musical que está en marcha neste curso actual.

 

  

 

 

PRESENTACIÓN DO "CLUBE DE CONVIVENCIA"

O alumnado da Ramallosa síntese comprometido coa convivencia! Así o afirmaron onte no acto de presentación do noso "Clube de Convivencia", un organismo democrático e asambleario formado por:

 

- "Coordinadores de préstamo de material de xogo"; que colaboran para que o tempo de recreo sexa un momento de diversión e desconexión. 

- "Colaboradores de Biblioteca"; que axudan a manter o funcionamento da nosa biblioteca.

- "Mediadores escolares"; que resolverán os posibles conflictos que poidan xurdir no tempo de patio de forma cooperativa e restaurativa.

- "Guardiáns de corredor"; que velarán para  que as entradas e saídas no cole sexan da forma máis ordeada posible.

 

Un compromiso libre e voluntario, onde o alumnado,  de maneira desinteresada e colaborativa,  todos unidos e unidas aseguramos que a nosa convivencia sexa cada vez mellor. 

Grazas a todos e todas!

 

 

NÓS APUNTÁMONOS AO BO TRATO, E TI?

Un ano máis, quixemos facer partícipes ás crianzas, na conmemoración do "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".

                    

Dado que neste curso, a nosa temática de proxecto anual é a música, plantexouse como proposta de actividade, buscar unha canción na que o xénero feminino: fose motivo de ofensa, de desprezo, considerada obxecto sexual, se faltara ao respecto,...; é dicir, que servise ás crianzas como tema de debate, de crítica, de reflexión,... sobre como as letras das cancións tratan ás mulleres. Aínda que tamén se empregaron fotos para traballar sobre este triste tema.

Cada aula reflexou esta actividade nun mural expositivo, recollendo as reflexións en formato de bocadillos (xa que a banda deseñada é un dos textos que se está traballando e se vai traballar en moitas titorías)

Todas as cancións elixidas, que foron motivo de análise, merece moito a pena valoralas, porque certamente se cantan sen dar conta do trasfondo da letra.

                (cliclar nas imaxes para ver máis fotos e un video con todos os carteis)

 

- Dende o obradoiro de arte, o alumnado de infantil xunto coa súa mestra Marisa, levaron a cabo unha instalación artística, onde reflexaron dita temática.

- Quixemos incentivar nas crianzas conductas e actitudes que provoquen e favorezan o bo trato cos demais xerando un ambiente cordial, e agradable no que guste compartir e desfrutar cada xornada, simplemente dando as grazas a alguén,  pedindo perdón, dicíndolle quérote ou facéndolle saber que pode contar contigo cando o precise.

Os corredores inundáronse de verbas de bo trato para que foran usadas con quen considerasen oportuno, e sabemos que nalgún caso, provocaronse lágrimas e emocións cando manifestaron os motivos de dar grazas ou de pedir perdón; con iso, xa mereceu a pena esta iniciativa.

 

  APÚNTATE AO BO TRATO E NON AO MALTRATO!

DÍA DA CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA

DADO QUE NOVEMBRO É O MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS, CONSIDERAMOS PROVEITOSO, DENDE A NOSA BIBLIOTECA, PROPOÑER NO PROPIO DÍA 10 DE NOVEMBRO, "DÍA MUNDIAL DA CIENCIA", ALGÚNS XOGOS QUE INCENTIVASEN NAS CRIANZAS ALGUNHAS HABILIDADES CIENTÍFICAS FUNDAMENTAIS COMO A CREACIÓN, A EXPERIMENTACIÓ E O RAZONAMENTO. E DADO QUE FORON DO AGRADO DE MOITAS CRIANZAS, MANTERANSE DITOS XOGOS DUNHA UNHA SEMANA, PARA QUE POIDAN SER GOZADOS POR TODO O ALUMNADO.

   

 

 

 

AMBIENTANDO O SAMAÍN COA LECTURA

Nas datas do Samaín, é tamén un bo momento para sacar os libros de medo dos estantes e ambientar as lecturas con historias máis ou menos terroríficas.

Así o quixeron aproveitar un grupo de alumnado de 5ºEP, que compartiron unhas lecturas co alumnado de infantil. Repartiron as crianzas por grupos e buscaron lugares polo centro (aula, corredor, patio, biblioteca) para contarlles as historias que escolleran, incluso algúns pintaronse as caras para caracterizarse, ou fixeron títeres para motivar e buscar a atención nos máis pequen@s; foi un momento ben interesante e bonito para ambas partesSorriso

 

 

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Cada 24 de outubro é unha data sinalada para as bibliotecas e así o quixemos facer saber a toda a nosa comunidade educativa.

                                           

Dende a nosa biblioteca, quixemos aproveitar para dar a coñecer a temática do proxecto anual sobre o que imos aprender neste curso. E ademais nesta ocasión, comunicamos tanto a temática proposta por nós, que será a MÚSICA, como dende a Asesoría de bibliotecas que será a BANDA DESEÑADA; ambas ideas poden complementarse e enriquecerse.

Esa mañá, cada aula tiña proxectado nas pantallas, como saúdo de bos días, un cartaz que foi deseñado polo alumnado dun grupo 5º EP. Nel aparecían a mascota da biblioteca e a do comando verde (que se creou neste curso), mantendo un diálogo, presentado en formato banda deseñada. Acompañado dun exemplar de banda deseñada como enganche, como incentivo para introducir este texto.

Houbo aulas que tamén aproveitaron para comentar as normas de uso dunha biblioteca, a partir da lectura do fermoso conto "león de biblioteca", ed. Ekaré

 

Incluso houbo grupos de alumnado que aproveitaron para ir buscar fondos de banda deseñada, na biblioteca, para poñerse xa mans á obra en crear cómics.Sorriso

Tamén vironse crianzas quen tiveron momentos tranquilos de compartir un ratiño acompañado cun conto

 

Distribuir contido


by Dr. Radut