Skip to Content

Proxecto VEDRA MEDRA

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "BALLESTEROS, O FOTÓGRAFO"

O noso último galano para Luis e Raiceiros:

"Mannequin Challenge" Vedra medra

Comeza o trimestre e despedimos a exposición "Ballesteros, o fotógrafo", que estivo no CPI dende mediados de novembro. Vedra medra quere agradecer a colaboración da Asociación Raiceiros e a participación de Luis Ballesteros nesta actuación.

Leer máis +

O PROXECTO DO CPI "VEDRA MEDRA" PROTAGONISTA DO CALENDARIO MUNICIPAL

CALENDARIO MUNICIPAL 2017

Para dar a coñecer Vedra medra entre a veciñanza contamos coa inestimable colaboración do Concello de Vedra que informa das actuacións que levamos a cabo mes a mes por medio do seu boletín municipal, e, á vez, nos ofrece un oco para que o noso proxecto forme parte de actividades de dinamización organizadas desde distintas concellerías. É o caso da participación no obradoiro de radio e gravación do programa "Somos Vedra", no Culturgal 2016 (Son educación) ou na elaboración do calendario 2017 que agora presentamos.

http://concellodevedra.com/ficheiros/calendario.pdf

Por todo canto se dixo anteriormente, queremos deixar constancia da nosa gratitude ao Concello de Vedra, ao alcalde e á corporación municipal, e ás persoas que traballan directamente con nós dende as distintas concellerías.

  

 

Por un patrimonio vivo e dinámico

RETRATOS CON PANO DE FONDO

Retratos con pano de fondo

Vedra medra promove estes días previos ao Nadal unha actuación de dinamización a partir da exposición "Ballesteros, fotógrafo" que acolle o noso centro dende mediados de novembro.

Luis Ballesteros falounos, cando nos visitou, acerca da súa técnica de fotografado: a saba branca de fondo.

Nós quixemos emulalo e retratar á vella usanza os/as alumnos/as máis pequenos de ESO: 1.º A e B actuaron de modelos.

Retratos con pano de fondo terá continuidade e, de aquí a pouco tempo, os rapaces poderán exercitarse como fotógrafos nas súas casas.

Pero mudarán as tornas e cando toque imos convidar os avós e bisavós para que se convertan nos nosos protagonistas.

Vedra medra aposta firmemente pola xente maior de Vedra.

En breve, teredes novas nosas….

Ver fotos 

Vedra medra participa no Culturgal 2016

Os días 2, 3 e 4 de decembro, Vedra medra estivo en Pontevedra na Feira das Industrias Culturais Culturgal 2016. Fíxoo no stand do Concello de Vedra onde compartiu espazo -Son educación- cos outros centros educativos vedreses e coas asociacións Papaventos (Son teatro), Senunpeso (Son audiovisual), Raiceiros (Son patrimonio), Asociación Medioambiental Amabul (Son natura), Agarimo de San Fins (Son folclore), Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla (Son Música) e Asociación Cultural San Campio (Son asociativa).

 

Dende Vedra medra queremos agradecerlle á Administración local a oportunidade que nos deu para facer visible o noso proxecto neste grande escaparate cultural que cada ano xunta na cidade do Lérez o máis destacable da industria cultural do país.

Preme nas fotos para ampliar

             

VEDRA MEDRA - 2º ESO VISITA SAN MIGUEL DE SARANDÓN E SAN PEDRO DE VILANOVA

Comezamos a última semana de Santos e Vedra Medra sae co alumnado de 2.º de ESO a San Miguel de Sarandón e a San Pedro de Vilanova.

Hoxe tiñamos un obxectivo: descubrirlles aos rapaces A Ulla como comarca vitivinícola.

Ler máis +

Ver fotos +

SAÍDA Á CONTORNA DE SEXTO DE PRIMARIA CO PROXECTO VEDRA MEDRA

Vedra medra comeza as saídas á contorna

Vedra medra iniciou o pasado mércores as actuacións fóra do centro educativo co alumnado e o profesorado de 6.º de educación primaria cun achegamento ao río Ulla. A saída didáctica articulouse seguindo dous centros de interese: a pesca fluvial tradicional e o paso en barca de persoas e mercadorías. O percorrido levounos dende Cubelas pola ribeira do río ata Ximonde.

Ler máis +

Ver fotos +

 

VEDRA MEDRA EN FACEBOOK

LUIS BALLESTEROS VISITA O CENTRO

O fotógrafo Luis Ballesteros visitou o CPI Plurilingüe de Vedra, co gallo da inauguración no centro da exposición de fotos do mesmo organizada pola ASsociación Racieiros, en colaboración co programa Vedra Medra do EDLG.

Ler máis +

VER FOTOS:  https://goo.gl/photos/WZbDM3FgvxEjAkSJ6

Distribuir contido


by Dr. Radut