Skip to Content

Proxecto VEDRA MEDRA

Día de Rosalía 2022. Actuacións realizadas

Para conmemorar o Día de Rosalía e sumarnos ás XXVI Xornadas arredor da camelia locais, o EDLG deseñou un paquete de actividades que denominamos "Camelias para Rosalía"  e para o que contamos co apoio do concello de Vedra.

 

Nesta ligazón podedes acceder ao repositorio de fotos.

  

Nesta ligazón podes acceder ao vídeo de EI.

 

Fotos da actividade co alumnado de Educación Infantil.

 

Fotos da actividade co alumnado de 4º ESO.

 

Fotos do póster.

 

Ler a relación completa:

 

E así é como viviu o DÍA DE ROSALÍA o alumnado de 3º de educación primaria A e B. 

Escoitade o seu recitado… 

https://photos.app.goo.gl/A8u968bthLZb2TbE8

https://photos.app.goo.gl/EFnxaJSiuU1FxQ3cA

Vedra medra acompaña a Raiceiros no seu vixésimo aniversario

O pasado mércores 17 de novembro, o alumnado de 4.º da ESO visitou

a estación do tren de Santa Cruz de Ribadulla onde a asociación cultural Raiceiros de San Miguel de Sarandón ten exposta ao público unha mostra da súa produción das dúas últimas décadas.

Vedra medravén colaborando desde o seu inicio con esta asociación cultural local empregando as súas publicacións e materiais didácticos nas aulas e obradoiros, deseñando actividades conxuntas e acollendo os seus membros en calidade de protagonistas en moitas das súas actuacións.

Dende o CPI de Vedra reiteramos os nosos parabéns ao grupo polo intenso e continuado labor de valorización do patrimonio local (musical, literario, natural, fotográfico) que vén levando a cabo.

Galería de fotos

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

 

 

O CPI de Vedra súmase á festividade do Día Internacional do Patrimonio mundial

 

O proxecto Vedra medra vén

dende hai sete cursos poñendo en valor e dando a coñecer o patrimonio local nas aulas de educación infantil, primaria e ESO e coma cada ano quere compartir coa comunidade educativa o seu CARTEL conmemorativo 2021.

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e de Vedra medra

 

O CPI de Vedra acolle a exposición “O PICO SACRO NO CÓDICE CALIXTINO”

Esta exposición que poderemos contemplar no centro educativo ata mediados de outubro foinos cedida temporalmente polo Concello de Boqueixón e forma parte do ciclo de actividades “Un mes e Pico” programadas desde a Administración local.

Trátase dunha mostra coa que se quere dar a coñecer e valorizar a parte lendaria do Pico Sacro a partir do libro III do Códice Calixtino. Nos nove paneis que a compoñen encontramos varias figuras esenciais no relato xacobeo como a raÍña Lupa, señora destas terras, os discípulos de Santiago que buscan enterrar o corpo do apóstolo e tamén os máxicos feitos que rodean o acontecido no monte sagrado (o estourido do dragón, os bois que tornan mansos e a conversión da raíña ao cristianismo).

Podedes ver as fotos aquí.

Xulia Marqués

Coordinadora do Vedra medra

 

 

RESUME SAÍDAS CAMIÑO DA PRATA - PLAN PROXECTA

ENLACE AO VIDEO DE ACTIVIDADES DO PLAN PROXECTA 2020-21. SAÍDAS Á RUTA DA PRATA - CAMIÑO DE SANTIAGO.

VER VIDEO

1.º da ESO de camiñada

Os días 26 e 28 de maio, o alumnado de 1.º da ESO participou nunha saída didáctica seguindo o río Pereiro dentro do proxecto Vedra medra.

A actividade deseñouse con base no programa "ARQUITECTURA DA AUGA" (Ulla Elemental) e desenvolveuse coa axuda dos monitores facilitados polo Concello de Vedra. 

Ao longo de 7 Km. a rapazada foi coñecendo a contorna ata chegar á fervenza do Pereiro. Polo camiño entrou nun muíño descubrindo as súas partes e funcionamento e á súa beira fixo a través dun gran xogo, o achado da cultura tradicional galega asociada a este elemento arquitectónico.

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

 

VER TODAS AS FOTOS

Saída Camiño de Santiago, 3º ESO

O CPI de Vedra participa no certame SERÁN DAS LETRAS 2021

 

 

A  Asociación Cultural San Campio da parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón vén promovendo desde hai anos o concurso de creación "Serán das Letras" con ocasión da celebración do Día das Letras Galegas. 

Este 2021 xa vai pola 6.ª edición e, con base nas "Lembranzas dos nosos avós", fixo posible que rapaces e rapazas da contorna se puxesen a escribir poesía e relatos cursos e tamén a facer debuxos sobre os recordos de familia.

 

Varios alumnos/as do CPI de Vedra realizaron unha meritoria achega e resultaron gañadores. Aquí está a relación xeral de galardoados/as:

 

 

 

CATEGORÍA  A 

1.º premio. Sofía Piñeiro Chaves

2.º premio.  Sabrina Dantas Iglesias

3.º premio.  Darío Viña Pérez

 

CATEGORÍA  B

1.º premio. David Fariña Silvoso "Os contos do avó"

2.º premio. Andrea Pintado Mata "A miña avoa" (CRA Boqueixón-Vedra)

3.º premio. Nicolás Chas Curros "Invisible" (CRA Boqueixón-Vedra)

 

CATEGORÍA  C

1.º premio.  Lucía Chas Curros "Os avós non menten"

2.º premio. Paula García Villar "Rafael"

3.º premio. Iria Doce Mareque "O meu avó non é un covarde"

Accésit. Brais Otero Pereira "A miña avoa"

 

CATEGORÍA  D

1.º premio. Alba Graña Rodríguez "Da man da miña avoa"

2.º premio.  Irea Sanín Segade "As chamas de lume"

3.º premio.  Paula Vázquez Gómez "A corrente de recordos"

 

CATEGORÍA  E

1.º premio. Elvira Gestoso Muíños "Historia real de Generoso e Manuela".

 

PARABÉNS PARA TODOS/AS!

 

Todas as fotos aquí: https://photos.app.goo.gl/QziurrWrXWijHYBX8

 

 

ULLA ORALMENTE no Vedra medra

Hoxe 24 de maio, estivo connosco Isa Albela da Asociación Raiceiros de San Miguel de Sarandón presentando no centro o caderno de campo ULLA ORALMENTE e desenvolvendo un obradoiro de Literatura tradicional con base no anterior recurso e a partir da tradición ullá. 

Participaron os alumnos e alumnas de 1º da ESO e o vindeiro mércores tocaralles aos de 6.º de educación primaria.

A asociación vedresa Raiceiros centra a súa actividade en recuperar e difundir o patrimonio cultural da contorna ullá desde o ano 2001. Froito do seu traballo son, entre outras, as publicacións Coplas ulláns (2009), Cántigas da Ulla (2010), Ulla naturalmente (2009), Ballesteros. O fotógrafo (2016) e As pontes do Ulla (2013).

Para saber máis das súas actuacións: http://www.raiceiros.org/

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

Primeira saída. MIRANDO POLO CAMIÑO: A Vía da Prata ao seu paso por Vedra

O mércores día 5 de maio, o alumnado de  3º ESO A realizou o treito da Vía da Prata entre A Ponte Ulla e a capela do Santiaguiño en San Pedro de Vilanova.  Á parte de percorrer este treito dun dos camiños de Santiago ao seu paso por terras de Vedra realizaron un gran xogo ao longo de toda a ruta. A actividade baseábase en percorrer uns 6 km da Vía da Prata mirando a paisaxe, escoitando a natureza, tocando distintas realidades, respirando e ulindo os elementos naturais que ían atopando e, sobre todo, sentindo o significado do Camiño. Ao final, todos os participantes recibiron un documento que acreditaba a participación e superación das diferentes trabas e obstáculos cos que bateron ao longo da andaina.

Xulia Marqués (Coordinadora)

Ver imaxes

 

Distribuir contido


by Dr. Radut