Skip to Content

NOVAS

REUNIÓN TITORÍA FAMILIAS 1º PRIMARIA

AVISO PARA AS FAMILIAS de 1º de Primaria: Convócase con urxencia unha reunión coas profesoras do 1º curso de Primaria para este vindeiro MARTES DÍA 8 DE SETEMBRO ÁS 10 HORAS. Debido á actual situación realizarase baixo as seguintes premisas:

  • SÓ PODERÁ ASISTIR UN DOS PROXENITORES.
  • REALIZARASE NO PATIO CUBERTO DA ENTRADA.
  • DEBERÁN VIR CON MÁSCARA E GARDAR A DISTANCIA DE SEGURIDADE.
  • NON TRAER OS NENOS.

Agradecemos a colaboración.

Grazas.

Publicación das notas da avaliación extraordinaria de setembro

As notas da avaliación extraordinaria de setembro serán publicadas durante a mañá do venres 4 a través da aplicación Abalar Móbil.

Se alguén tivera problemas para acceder á aplicación, pode chamar ao centro para informarse da nota.

TELEFONO DE CONTACTO DURANTE O MES DE AGOSTO

Con motivo das vacacións do persoal do centro, durante o mes de agosto, para calquera urxencia, poderán contactar no teléfono 696454033.

 

IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS - INSTRUCIÓNS 3ª AVALIACIÓN

IMPORTANTE - INSTRUCIÓNS 3ª AVALIACIÓN

Logo da publicación das Instrucións do 27 de abril de 2020,  da Dirección Xeral de Educación, FP e Inn. Educ. da Consellería de Educación, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2109-20, publicamos un documento coa adaptación das mesmas á realidade do CPI de Vedra,  para o coñecemento da comunidade educativa.

 

 Instrucións familias

 

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO - TELETRABALLO - 3ª AVALIACIÓN

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO

TELETRABALLO - 3ª AVALIACIÓN

Nos seguintes enlaces pódense consultar as recomendacións para o alumnado referidas á organización  do teletraballo do 3º trimestre: plataformas, consellos, tarefas, comunicación co profesorado, ...

Esta información foi remitida por correo electrónico a todo o alumnado que ten conta do dominio cpivedra.com.

PRIMARIA

 

SECUNDARIA

 

SOLICITUDE SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE - CURSO 2024/25

SOLICITUDE SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE - 2024/25

Todo o alumnado actual do centro debe facer a solicitude dos servizos de comedor e transporte para o vindeiro curso 2024/25.

Nesta semana enviamos o impreso da solicitude polo alumnado e deberá ser cuberto e remitido antes do 24 de maio de 2024Debe entregarse en secretaría directamente ou a través dos/as titores/as dos grupos.

O impreso tamén está dispoñible no fondo desta nova, como formulario autocompletable e imprimible, por se perderan o remitido polos nenos/as. O impreso debe remitirse asinado en papel ou por correo electrónico con sinatura dixital.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro nos teléfonos habituais ou por correo electrónico.

VER IMPRESO 

 

AVISOS IMPORTANTES FIN DE TRIMESTRE

AVISOS IMPORTANTES SOBRE A ORGANIZACIÓN DO FIN DE TRIMESTRE

1- Este xoves 21 de decembro, último día de clase do trimestre, NON HABERA SERVIZO DE BIBLIOTECA POLA TARDE, por cuestions organizativas do centro.

2- O informe boletín das notas de 1ª Avaliación será enviado exclusivamente por ABALAR MÓBIL.

 

FELICITACIÓN E RECOMENDACIÓNS LECTORAS

En primeiro lugar, queremos agradecer a colaboración recibida na Operación QUILO, realizada esta semana.

Aproveitamos para recomendarlles lecturas para o NADAL co habitual boletin da BIBLIOTECA que podedes ver no enlace

https://revistafiadeiro.blogspot.com/2023/12/boletin-de-recomendacions-lectoras.html

E finalmente desexarlles a toda Comunidade educativa do CPI Plurilingüe de Vedra unhas Felices Festas e un moi bo comezo do ano 2024.

 

XUNTANZA XERAL DE NAIS E PAIS

Como en anos anteriores, convocamos a XUNTANZA XERAL DE NAIS E PAIS para o vindeiro MARTES DÍA 26 DE SETEMBRO DE 2023 ás 17:30 horas, no local do Centro Sociocultural de Vedra, próximo ao colexio. Na mesma falarase de temas organizativos do centro.

Ademais no mesmo día haberá xuntanzas cos titores e titoras de varios grupos nas aulas respectivas:

5º/6º de Primaria ás 15:30 horas

2º/4º Primaria ás 16:30 horas.

1º/2º/3º/4º ESO ás 18:15 horas

Os grupos de 3º de Primaria serán convocados para a vindeira semana.

DÍA NON LECTIVO - 18 DE SETEMBRO

Lembramos que o vindeiro luns día 18 de setembro é día non lectivo no CPI Plurilingüe de Vedra, por ser festivo local.

 

O EQUIPO DIRECTIVO

Distribuir contido


by Dr. Radut