Skip to Content

NOVAS

VOTACIÓN DE NAIS E PAIS

Lembramos que hoxe son as votacións para elixir respresentatnes de nais e pais no Consello Escolar do centro.

O horario de votacións será de 14:30 a 19:30 horas, na entrada do centro.

Haberá que cumprir a noramtiva COVID-19: máscara, distancia e xel hidroalcólico.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO - 2021. CRITERIOS E PROCEDEMENTO.

A Consellería ven de publicar unha Orde onde establece os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

VER DOG 12/11/2021 (Orde do 28 de outubro de 2021)

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para material escolar neste curso. (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €. (PRESENTAR SOLICITUDE)
  3. Alumnado matriculado en EE, baixo tutrela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renta familiar. (PRESENTAR SOLICITUDE)

MODELO SOLICITUDE

ANEXO II - COMPROBACIÓN DATOS FAMILIARES

 

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN, ROMÁN RODRÍGUEZ, VISITOU O NOSO CENTRO

Este luns día 27 de setembro o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou o noso centro co fin de coñecer de primeira man as reformas realizadas no último ano, tanto por parte da Consellería (Ampliación de 8 aulas, melloras nas aulas de Infantil, aula de usos múltiples e Tecnoloxía, Aulas de desdobres, Pintado exterior do edificio antigo,...) como por parte do Concello de Vedra (Limpeza do edificio intermedio, retirada da fosa séptica e conexión á rede de alcantarillado,...)

Durante a visita estivo acompañado polo alcalde Carlos Martínez, a inspectora de Educación, Beatriz Plana e o concelleiro Manolo Costa.

Ver fotos

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19. CURSO 2021-2022. NORMAS BÁSICAS

Publicamos os documentos xerais do "Plan de Adaptación á situación COVID-19 do CPI de Vedra para o curso 2021-2022", así como os enlaces a un resumo dos aspectos básicos organizados nos seguintes epígrafes:

- ENLACE PÁXINA WEB COAS NORMAS BÁSICAS

- DOCUMENTO COMPLETO:"Plan de adaptación á situación COVID-19"

- PLAN DE CONTINXENCIA: Horarios de docencia  virtual  no confinamento. 

Outros anexos:

- Planos aulas

- Plano circulación xeral

Declaración responsable familias

Enquisa de AUTOAVALIACIÓN

 

Horario dos exames de setembro - ESO

INORMACIÓNS IMPORTANTES PARA O VERÁN

Adxuntamos nota con informacións e datas importantes neste verán.

CONVOCADOS PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA (LINGUA GALEGA)

No DOG de hoxe, publícase a convocatoria de probas para obtención dos certificados de Lingua Gelga, CELGA niveis 1, 2, 3 e 4 no ano 2021.

VER DOG

Reunións de titoría por videoconferencia (SECUNDARIA)

Durante a vindeira semana terán lugar as reunións de presentación dos titores de Secundaria coas familias. Por cuestións de seguridade sanitaria estas reunións faranse por videoconferencia. As nais e pais que queiran asistir, tras clicar na ligazón correspondente, terán que iniciar sesión coa conta cpivedra do seu fillo/a. A continuación, a táboa coas titorías, a hora e data e a ligazón á reunión.

Reunións de titorías

Inicio curso 20-21

Titor/a

Grupo

Día e hora

Ligazón á reunión

Ruth Poceiro

1ºA

Mércores, 7 de outubro

19:00

https://meet.google.com/iwf-wkvc-czk

Rafaela Gómez

1ºB

Mércores, 7 de outubro

19:00

https://meet.google.com/uyc-urch-fup

Román López

2ºA

Xoves, 08 outubro

19:00

https://meet.google.com/abo-nytm-hxz

Rafa López

2ºB

Xoves, 8 de outubro

19:00

https://meet.google.com/gaz-xwbq-aos

Begoña García

3ºA

Xoves, 8 de outubro

19:00

https://meet.google.com/xrn-dedv-enm

Xulia Marqués

3ºB

Luns, 5 de outubro

19:00

https://meet.google.com/suc-npgo-wwq

Juanma do Río

4ºA

Luns, 5 de outubro

19:00

https://meet.google.com/tfk-vifm-ohe

Peregrina Pérez

4ºB

Martes, 6 de outubro

19:00

https://meet.google.com/aom-vguw-mbb

Datas e horarios dos exames de setembro

O alumnado ten que vir con máscara e tela posta en todo momento.

Á chegada ao recinto esperará no patio ao profesorado gardando a distancia de seguridade de 1.5 metros entre persoas.

EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

 

SETEMBRO 2020

NOTA: As aulas dos grupos refírense ás aulas do edificio novo.

APROBADA A PARTICIPACIÓN NOS CONTRATOS PROGRAMA

Novamente o CPI de Vedra participa nos CONTRATOS - PROGRAMA con varias lñas de traballo. Destacamos este curso o programa REFORZA-T, que pretende acompañar e refrozar a aprendizade de alumnado de desde 4º de Primaria ata 2º ESO, e o programa PREMAT que reforzará ao alumnado de 3º e 4º de ESO.

Contaremos con dous profesores que realizaran a súa docencia fora do horario lectivo, e complementarán ese traballo con reforzo dentro da aula ata completar a súa xornada de traballo.

Neste programa, que conta con financiamento do FSE (Fondo Social Europeo), participarán un total de 36 alumnos/as dos cursos mencionados.

Distribuir contido


by Dr. Radut