Skip to Content

RESULTADOS ESTUDO HÁBITOS VIDA SAUDABLES

No ano 2022 o instituto participou, coordinado polo departamento de educación física, no estudo Health Behavior in School-aged Children (HBSC)
O obxectivo principal do devandito estudo consistía en coñecer tanto os estilos de vida e a saúde das e dos adolescentes escolarizados, así como as características máis significativas dos contextos sociais nos que crecen. O fin último é que ese coñecemento permita deseñar estratexias de intervención orientadas á promoción da saúde nestas poboacións.
Por este motivo, queremos compartir os resultados do informe con toda a comunidade educativa, facendo partícipes tamén ás familias para que sexan coñecedoras dos hábitos e condutas do alumnado en prol do seu benestar emocional e físico.

Podedes acceder aos resultados premendo na imaxe:

 

Cerler 2024 (3º ESO)

ALMANAQUE_2024

O ENDL PON A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES CASTRO ALOBRE O FERMOSO ALMANQUE DESEÑADO POLO ALUMNADO. PARABÉNS ÁS COLABORADORAS E COLABORADORES.

Pódedelo atopar en formato físico na conserxería do centro.

 

ALMANAQUE 2024

 O ENDL CONVIDA Á COMUNIDADE EDCUCATIVA DO IES CASTRO ALOBREA PARTICIPAR NO DESEÑO DO ALMANAQUE 2024 ! 

preme nas imaxes se queres descargalo

 

 

 

Información para as familias sobre EDIXGAL e o proxecto ABALAR

Aquí podedes consultar toda a información (premendo sobor a imaxe) acerca do proxecto ABALAR, EDIXGAL (Educación Dixital Innovadora), así como información sobre a posibilidade, si así o desexa, de contratar un seguro opcional para o portátil do seu fillo/a (teléfono de contacto para a contratación do seguro 881 505 136)

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Comisión de Selección fai públilcas tres listaxes: unha, na que se inclúen as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto; e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión. Estas listaxes están expostas na web da convocatoria, á que se pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, na Oficina de Rexistro Único e Información da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e no taboleiro de anuncios do instituto (vestíbulo de administración).

INSCRICIÓN NA ANPA E FONDO LIBROS

Nas seguintes ligazóns poden acceder á folla de inscrición na ANPA e o regulamento para o banco de libros:

 

Inscrición ANPA

 

REGULAMENTO BANCO DE LIBROS

Axenda 2023/2024

 

Calendario escolar 2023-2024

 

 

 

 

 

 

HORARIO XERAL DO CENTRO

O horario é de 8:30 a 15:00, os luns e os martes, e de 8:30 a 13:55 os mércores, xoves e venres; tal como se especifica na seguinte táboa.

 

HORARIO DE CLASES NO IES CASTRO ALOBRE  
Horas Luns Martes Horas Mércores Xoves Venres
8:30-9:20     8:30-9:20      
9:20-10:10     9:20-10:10      
10:10-11:00     10:10-11:00      
11:00-11:25 Primeiro recreo Primeiro recreo 11:00-11:25 recreo recreo recreo
11:25-12:15     11:25-12:15      
12:15-13:05     12:15-13:05      
13:05-13:20 Segundo recreo Segundo recreo 13:05-13:55      
13:20-14:10            
14:10-15:00            
             
             

Guía emprego aula virtual/webex/abalarMóbil

 

abalarMóbil - Apps en Google Play Que é Moodle?

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen: Webex videoconferencias

abalarMóbil ESPAZO ABALAR

Rógase as familias que aínda non se rexistraron na plataforma AbalarMóbil e querina recibir as notas e os avisos directamente no teléfono a través dela, que a instalen nos seus dispositivos. A descarga, a instalación e o rexistro son moi doados: unha vez instalada a aplicación, debe introducirse o número de teléfono que se deu no centro e a aplicación de forma automática vincúlase co fillo/a que teña matriculado/a no centro.

En calquera caso, deixamos aquí  a guía de instalación da aplicación  e un video por se tivesen algunha dúbida e, coma sempre, estamos á súa disposición por correo electrónico ou teléfono, para resolver calquera cuestión ao respecto.


 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut