Skip to Content

Actividades

Alumnado de 2º Bacharelato participa na XV Olimpíada de Bioloxía en Santiago de Compostela

Alumnado de 2º Bacharelato participa na XV Olimpíada de Bioloxía na USC

O venres 17 de xaneiro tivo lugar, na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a fase autonómica da XV  Olimpíada de Bioloxía, convocada pola Asociación Olimpíada Española de Bioloxía (OEB), na que participaron centros de toda Galicia e entre eles o noso Centro, que estivo representado polo alumnado de 2º Bacharelato: Alba GómezLorena Otero, Carla Pampín e Martín Calvo. Foron acompañados pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Loli Rego.

Alumnado de Bacharelato participou nun obradoiro de rochas

obradoiro de rochas alumnado de bacharelato O alumnado de Xeoloxía de 1º e 2º Bacharelato asistiu, na tarde do luns 9 de decembro, a un obradoiro de rochas que tivo lugar no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía.

Alumnado de Xeoloxía no obradoiro de rochas

Alumnado de Bacharelato realiza un roteiro xeolóxico polo Barbanza

alumnado de bacharelato roteiro xeolóxico

O luns 4 de novembro, o alumnado de 1° e 2° de bacharelato realizou un roteiro xeolóxico pola zona do Barbanza. Foi guiado polo prestixioso xeólogo Fran Canosa, que lles explicou a orixe e interpretación xeolóxica dos lugares visitados, como a Pedra da Ra, Corrubedo ou a panorámica da Curota entre outros espazos naturais. Foron acompañados pola profesoras Ana Bueno e Sara Brea. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Alumnado de Bacharelato nun roteiro xeolóxico polo Barbanza

Alumnado de 1º ESO visita o Museo do Mar e a ría de Vigo

Alumnado de 1º ESO en Vigo

O venres 31 de maio, o  alumnado de 1° de ESO viaxou ata Vigo para desfrutar dun cruceiro didáctico, onde coñeceron aspectos da historia, flora, fauna e ecoloxía da ría, dun xeito moi atractivo, xa que o barco contaba cun robot submariño, que ía ilustrando as explicacións con imaxes do fondo mariño en directo. A xornada foi completada cunha visita ás instalacións do Museo do Mar, onde seguiron afondando no coñecemento mariño. Foron acompañados do profesorado Lorena Domínguez, Mar Tejero, Víctor González, Loli Omil, Mario Sosa e Ana Bueno. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía-Xeoloxía.

Alumnado 4º ESO no Pico Sacro e na illa Cortegada

Alumnado de 4º ESO no Pico Sacro

 

O mércores 22 de maio, o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía-Xeoloxía estivo coñecendo a explotación de seixo que leva a cabo a empresa Ferroglobe en Vedra. Iniciaron a visita no Pico Sacro, onde o xeólogo Fran Canosa, explicoulles as características xeolóxicas duns dos filóns de seixo máis importantes a nivel mundial. Posteriormente baixaron á mina, onde puideron ver en funcionamento a diferente maquinaria que extrae, clasifica e lava o mineral.

A xornada didáctica completouse cun roteiro na illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, onde coñeceron aspectos de  historia, flora, fauna, e ecoloxía de tan singular espazo. Foron acompoañados do profesorado Ana Bueno, Mar Tejero e Mario Sosa. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Alumnado de 4º ESO na illa de Cortegada

Distribuir contido


by Dr. Radut