Skip to Content

Actividades

Alexandra Bandín e Samuel Rial gañadores do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

Gañadores do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

 O xurado do II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021 que forma parte de Regueifas de Ciencia 2021, unha iniciativa da USC financiada pola FECYT, anunciou que o equipo do IES Valga formado por Alexandra Bandín de 1º Bacharelato e Samuel  Rial de 4º ESO resultou finalista e gañador deste certame. Mencionar tamén que este equipo, que defendeu a postura en contra nun debate sobre a legalización da maternidade surrogada en España, tivo como moderadora a Alicia Iglesias (1º Bacharelato) e como colaboradores ao alumnado Noelia Miguéns (1º Bacharelato) e Rodrigo Vidal (4º ESO), sendo coordinados polas profesoras Dulce Serramo e Loli Rego.

 O xurado valorou moi positivamente a relevancia e actualidade dos temas escollidos, a boa preparación das intervencións dos/as poñentes e a súa capacidade de argumentación. Ademais, o respecto ao formato proposto por Regueifas foi excelente, destacando tamén o papel dos/as moderadores/as dos debates.

Parabens!!! a todo o equipo por este recoñecemento.

Equipo IES Valga II concurso de debate escolar Regueifiñas 2021

Exposición de maquetas sobre as células polo alumnado de 1º ESO

Exposición de maquetas sobre as células polo alumnado de 1º ESO

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, coordinado pola profesora Lara García, elaborou unhas maquetas sobre a célula nos seres vivos; están expostas nas vitrinas do corredor da planta baixa do noso centro.

Exposición de maquetas sobre as células polo alumnado de 1º ESO

Exposición de maquetas sobre as células polo alumnado de 1º ESO

Alumnado de 2º Bacharelato participou na XI Olimpíada de Xeoloxía

Alumnado de 2º Bacharelato na XI Olimpíada de Xeoloxía

O mércores 24 de febreiro, o alumnado de Xeoloxía de 2º Bacharelato participou na fase autonómica da XI Olimpíada de Xeoloxía. Foi organizada pola AEPECT (Asociación Española para la enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. na que participaron centros de toda Galicia e entre eles o noso Centro, que estivo representado polo alumnado de 2º Bacharelato: Sonia Costa e Álex Cortés. Foron acompañados pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Ana Bueno. A proba realizárona na aula de Informática do centro porque, ante a situación sanitaria actual, esta olimpíada realizouse de forma telemática.

Alumnado 2º Bacharelato na XI Olimpíada de Xeoloxía

Exposición de maquetas do Sistema Solar na Biblioteca

maquetas sistema solar 1º eso

alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, coordinado pola profesora Lara García, elaborou maquetas do Sistema Solar; estarán expostas na biblioteca do centro durante o primeiro trimestre.

maquetas sistema solar 1º eso

maquetas sistema solar 1º eso

 

Alumnado de 2º Bacharelato participou na XI Olimpíada de Xeoloxía

Alumnado de Xeoloxía de 2º Bacharelato na  XI Olimpiada de Xeoloxía

O mércores 12 de febreiro o alumnado de Xeoloxía de 2º Bacharelato participou na fase autonómica da XI Olimpíada de Xeoloxía. Foi organizada pola AEPECT (Asociación Española para la enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. Este evento tivo lugar en Santiago de Compostela, no Museo de Historia Natural da USC, e na Facultade de Bioloxía. O alumnado, ademais de realizar as diferentes probas, asistiu a unha conferencia sobre as turbeiras galegas.

Alumnado de Xeoloxía de 2º Bacharelato na  XI Olimpiada de Xeoloxía

Distribuir contido


by Dr. Radut