Skip to Content

Actividades

Alumnado do 6º curso de Ed. Infantil do CEIP A Ramallosa (Teo) participaron nunha actividade dentro do proxecto Escola Verde

Alumnado de 4º ESO co alumnado de 6º Ed. Infantil do CEIP A Ramallosa

O martes 14 de xuño, o alumnado de 4º ESO B, que participa neste curso nos programas de contido e cuidado medioambiental EduSostibilidade e Escola Verde, recibiu ao alumnado de 6º de educación infantil do CEIP da Ramallosa (Teo) para explicarlles, a través dalgúns experimentos, diversos conceptos da arquitectura bioclimática, ademais de resaltar a importancia do compost. A súa labor de ensinantes leváronna a cabo no laboratorio de Ciencias e no exterior do noso centro incluído o espazo destinado ao composteiro.  Na actividade tamén participou o alcalde do concello de Teo, Rafael Sisto, que ademais é membro do noso claustro de profesorado, na materia de Física e Química.
Máis información picando neste enlace.

Alumnado de 4º ESO co alumnado de 6º Ed. Infantil do CEIP A Ramallosa

Viaxe científico cultural a Madeira de alumnado 4º ESO e 1° Bacharelato

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato en Madeira

Alumnado de 4º ESO e 1° de Bacharelato, das materias de Bioloxía-Xeoloxía e Cultura Científica, está a desfrutar dunha viaxe científica e cultural a  Madeira. Desde a madrugada do domingo 3 de abril e durante cinco días, terán ocasión de coñecer a exhuberante natureza e os sitios máis emblemáticos desta illa portuguesa.
Esta viaxe foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Acompañan as profesoras Lara García, Esther de Andrés e Ana Bueno.

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato en Madeira

Alumnado de 4º ESO participou no "Obradoiro de microscopia: quen vive aí?"

Alumnado 4º ESO B no obradoiro de microscopia

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía-Xeoloxía e Cultura Científica asistiu, o pasado venres 11 de marzo, ao "obradoiro de microscopia: quen vive aí?" dentro das actividades dos proxectos Escola Verde e Sostibilidade, e tamén reforzando a presenza do composteiro no xardín do noso centro. Este taller consisitiu na identificación de invertebrados presentes nun composteiro, sinalando a súa función no proceso da compostaxe e tendo a axuda de sinxelos capturadores de fauna, material de aumento e chaves dicotómicas. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía e impartida por persoal do CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- (Oleiros)  dentro do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Alumnado 4º ESO A no obradoiro de microscopia

 

Alumnado do STEMBach e 2º Bacharelato de Ciencias visita o CIQUS

Alumnado do STEMBach e 2º Bacharelato de Ciencias visita o CIQUS

O pasado venres, 11 de febreiro, o alumnado do STEMBach e 2º Bacharelato de Ciencias visitou o CIQUS, que forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional no Campus Vida da USC. Xunto con outro centro educativo, o IES Valga, e por participar no STEMBach, foi seleccionado para esta visita con motivo do "Día da muller e da nena na Ciencia". Nunha xornada de mañá, os alumnos e alumnas visitaron os laboratorios e asistiron a charlas relacionadas coa importancia da muller na Ciencia. Foron acompañados polas profesoras do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Loli Rego e Ana Bueno.

Alumnado do STEMBach e 2º Bacharelato de Ciencias visita o CIQUS

Distribuir contido


by Dr. Radut